O Goberno faculta ás CCAA a despedir empregados públicos por causa económica
Rematou a especulación. Acertou o ministro De Guindos en que a reforma ía ser "extremadamente dura". Baixo o paraugas da "estabilidade" e o "emprendemento", o Goberno reduce á mínima expresión os requisitos para prescindir de traballadores. Consúmase o abaratamento do despido con 33 días de indemnización e un máximo de 24 mensualidades.