A loita da sanidade viguesa enquístaselle a Feijóo na rúa
Decenas de milleiros de persoas saen de novo ás rúas de Vigo para esixir o "rescate" do novo hospital e o cesamento do responsable da área sanitaria, Félix Rubial.
Decenas de milleiros de persoas saen de novo ás rúas de Vigo para esixir o "rescate" do novo hospital e o cesamento do responsable da área sanitaria, Félix Rubial.
ENTREVISTA A desfeita do Álvaro Cunqueiro é unha das máis recentes consecuencias da política que PPdeG comezou a ensaiar hai xa anos, coas fundacións hospitalarias que houbo que reintegrar no sistema público. As portas xiratorias explican, en parte, esta dinámica, que analiza o libro A comercialización da saúde. O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa (Laiovento), coordinado por Pablo Vaamonde.
Outra gran mobilización pide este xoves 12 "recuperar" o Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro para a sanidade pública e denuncia as deficiencias e carencias derivadas da xestión público-privada e dos recortes provocados por "un modelo que prima o negocio".
Denuncian que carecen de "estrutura organizativa, medios humanos e materiais axeitados" polos recortes e alertan dos riscos da legionella en Galicia ante a falta de traballadores nun corpo con 40 membros menos que hai dez anos. Irán á folga indefinida a partir do 18 de maio.
O Clínico de Santiago dá por "subsanados" os adiamentos en revisións de cancro, que atribúe a un proceso "automático". Segundo SOS Sanidade e colectivos de doentes, as demoras débense a falta de persoal e á implantación dun novo programa informático.
Defensor do Paciente envía unha carta ao fiscal superior de Galicia solicitándolle que actúe ante a denuncia polas demoras de ata oito meses nas revisións de doentes con cancro que "poñen en risco a súa calidade de vida e curación".
Pacientes oncolóxicos do CHUS advirten de reprogramacións das revisións periódicas: "se a tiñas cada seis meses, duplícanche o prazo" e SOS Sanidade asegura que un novo programa informático incrementa estas demoras, que o Sergas di descoñecer.
O Movemento Galego da Saúde Mental lanza unha campaña para reclamar a elaboración inmediata dun Plan Galego de Prevención do Suicidio. Galicia rexistrou en 2014 a maior cifra deste tipo de mortes en vinte anos.
Rubial e Gómez-Criado compareceron no xulgado e defenderon a súa actuación ras ser imputados por prevaricación e homicidio por imprudencia. A fiscal comparece ante a prensa para defender o seu labor e pedir "respecto" ás vítimas e ás familias tras as acusacións de Feijóo.
O presidente da Xunta atribúe á oposición as acusacións da Fiscalía e cualifícaas de "disparate" e "insulto" mentres se gaba de "pagar" os tratamentos. PSdeG, AGE e BNG esixen sen éxito que o popular se desculpe.
"Poderán manipular os mortos, pero os datos están aí", asegura o conselleiro na Cámara, onde a oposición o cualificou como a "voz do amo" e acusou a Feijóo de "covardía" por non dar conta do atraso ou veto de medicación que denuncia a Fiscalía.
Desestima o recurso da Xunta e confirma a sentenza que ordena repor unha auxiliar no seu posto de traballo tras non renovala ao caer enferma. A afectada sufriu unha "sucesión concatenada e ininterrompida" de contratos temporais para "ocultar unha contratación indefinida".