Contas confirma as eivas na atención primaria: 120 concellos sen pediatra, escaso persoal e longas esperas
O ente fiscalizador reclama á Xunta máis financiamento neste nivel asistencial, sinala o "problema estrutural" que supón o déficit de profesionais, pídelle un "plan estratéxico" para aumentar o persoal e "mellorar a súa estabilidade" e alerta das importantes demoras nas citas.