Pontón pide a Rueda "un plus contra a sinistralidade ou as listas de espera" fronte ao "plus por recortar baixas"
O presidente asegura que o 40% dos médicos de familia están a aplicar o seu plan contra o absentismo laboral
O presidente asegura que o 40% dos médicos de familia están a aplicar o seu plan contra o absentismo laboral
Ante unha queixa por esperas de máis de 14 días na atención primaria no Grove o valedor estatal advirte dos efectos na saúde laboral dos profesionais sanitarios "e ata na seguridade do paciente"
Galicia e o resto de autonomías logran cubrir todas as prazas de formación sanitaria especializada por segundo ano consecutivo coa Atención Primaria concentrada no final da selección, mentres Otorrinolaringoloxía en Santiago ou Nefroloxía na Coruña estiveron nos primeiros postos
Sanidade publica as novas normas para a xestión e seguimento das incapacidades temporais co obxectivo de facer un proceso "máis áxil e resolutivo". O silencio médico xa non poderá reinterpretarse como a continuidade da baixa e haberá unha "autorización única" da Inspección para as probas que realicen as mutuas.
O Consello Galego de Colexios Médicos considera que vencellar pluses salariais ou "elementos da carreira profesional ao acurtamento das baixas laborais xera importantes riscos éticos, clínicos e organizativos". O plan da Xunta "pode comprometer a relación médico-paciente, a calidade asistencial, a autonomía clínica" e a procura da "recuperación real e segura" de cada persoa de baixa, advirten
A líder do BNG esixe a retirada dunha medida "deleznable" que "non debería ser legal": "Médicos e médicas dan as altas en función das necesidades dos pacientes". O secretario xeral do PSdeG censura que Rueda pretenda "cobrar aos médicos a culpa dunha sanidade que afoga" cuns incentivos que só "engaden presión aos profesionais e sospeitas sobre os pacientes"
Sanidade liga o 10% do complemento de produtividade de persoal médico de familia a que as incapacidades temporais da poboación que atenden non se "desvíen" do "estándar" ou a que respondan un mínimo do 80% das altas propostas pola inspección. CIG-Saúde, sindicato maioritario na sanidade pública, encádrao na "campaña de criminalización das persoas de baixa" e a Xunta asegura que "en ningún caso" está a "fomentar que unha persoa" con "condicións clínicas para estar de baixa vaia traballar"
A Xunta atribúe a revisión de máis de 3.000 baixas e a orde de máis de 700 altas ao que denomina "traballo especial de apoio" da Inspección de Servizos Sanitarios ao persoal médico mediante visitas presenciais que "continúan actualmente". O Consello aproba incorporar 18 persoas máis á inspección para controlar baixas cun custo de 3 millóns e novas instrucións para as altas ditadas polas mutuas
Sanidade valorou negativamente o seu traballo sen xustificalo e atribuíulle ausencias cando realmente estaba noutro servizo médico sen que se lle indicase o contrario
O Ministerio de Sanidade reforma unha das medidas máis simbólicas da etapa dos recortes do goberno de Rajoy durante a gran recesión para "reducir desigualdades e garantir a continuidade dos tratamentos". Para a poboación activa os tramos de ingresos pasan de tres a seis, con gastos máximos de 8 ou 18 euros ao mes para quen gane menos de 18.000 euros ao ano
Os coordinadores de dez destes servizos hospitalarios en Galicia acusan nun duro comunicado á Consellería de "bloquear" a contratación de profesionais e lamentan falta de persoal, carencias informáticas e "discriminación" fronte a outros profesionais. Sanidade responde negando as denuncias e reivindicando o seu labor.
O acordo supón a volta das peonadas, recoñece a singularidade do persoal médico e abre un ámbito de negociación propio. Inclúe a xornada de 35 horas semanais, mellorar o descansos tras as gardas e incrementos retributivos nas horas extras e en complementos, tamén para os MIR.