Medicina de familia encabeza as vacantes da formación sanitaria por renuncia con 26 ocos en Galicia
Tras cubrírense todas na convocatoria ordinaria, un 13% das prazas MIR de familia en Galicia quedaron baleiras por renuncia ou non incorporación, unha das porcentaxes máis elevadas do Estado. Alén de medicina de familia, especialidades como enfermaría de saúde mental, do traballo e xeriátrica tamén quedaron sen cubrir e van á convocatoria extraordinaria