Feijoo saca peito coas renovables malia a desfeita no sector eólico causada polo seu Goberno
O presidente da Xunta destaca en Silleda "a firme aposta da Xunta por que Galicia siga á vangarda no sector das enerxías renovables" e promete a creación neste ámbito de 12.000 postos de traballo entre 2018 e 2020. A anulación do concurso eólico do Bipartito levou á paralización do sector.