As testemuñas da defensa inciden en que a protesta contra os gaseiros foi dirixida polo Comité Cidadán
O xuízo contra os mariscadores de Ferrol quedou listo para sentencia, coa retirada dos cargos para un deles e a rebaixa da pena solicitada para o resto. Na segunda xornada do xuízo (a terceira suspendeude, ao retirar a defensa varias testemuñas) unha ducia de membros do Comité, entre eles Yolanda Díaz, Manuel Rodríguez Carballeira, Luz Marina Torrente ou Eliseo Zaera, lembraron que eles tamén participaron nas protestas.