Antón Costa Rico

Antón Costa Rico

Antón Costa Rico é catedrático de Historia da Educación da USC, xubilado; membro do Grupo e Investigación SEPA-interea e de Nova Escola Galega. Autor de Johán Vicente Viqueira López. Un esclarecido e singular humanista galego (Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2025, no prelo).

  • A mestra Jacinta Landa, corazón galego desde México

    "Jacinta Landa Vaz, que naceu en Badaxoz en 1894 e que morreu en México en 1993 coa súa última palabra “Galicia” no bico e no corazón, foi para nós, sobre todo, a dona de Xoán Vicente Viqueira. Como en tantos outros casos, sabiamos o seu nome con negativa visión de xénero, como a dona de…", comeza dicindo Antón Costa nesta peza publicada en Grial sobre esta educadora renovadora e republicana que se exiliou en 1939.

  • Galego na escola. Feitos e procuras. Derrubando valados (1963-1976)

    A lingua galega só chegaba á porta das escolas, pero as escolas impoñían os valados da españolización, aínda moi fortes anos despois da desaparición biolóxica do franquismo. A partir de 1975 recomezouse a propoñer a necesidade de incorporar a lingua galega ao espazo social, dándolle lexitimidade, e por iso, apuntando igualmente á necesidade da súa incorporación ao sistema educativo, baixo o reclamo Galego na escola. Antón Costa debulla a loita polo ensino en galego nos últimos anos da ditadura.