Concelleira en representación do BNG en Santiago de Compostela dende 1991 e voceira municipal desta formación. Desde o ano 1999, é 1ª Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Reabilitación do Casco Histórico, de relacións co Consórcio e de Muller. Tras as eleccións autonómicas do ano 2005 e como consecuencia do cambio de goberno con data 25 de agosto foi nomeada na Consellería de Vivenda e Solo, Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.