Son licenciada en Historia, bibliotecaria e terapeuta Gestalt. Teño unha formación multidisciplinar que inclúe mestrados en Desenvolvemento Local e Comarcal e en Educación, Xénero e Igualdade. Desde o ano 2011, desenvolvo o meu labor profesional na Biblioteca Municipal Ágora da Coruña, onde me especialicei na xestión cultural, na dinamización comunitaria e no desenvolvemento de proxectos sociais desde o ámbito bibliotecario.