Muller e tradición. De Leilía a Tanxugueiras
Grazas a Leilía, á recollida da tradición oral e á experimentación por parte de Mercedes Peón e os camiños abertos e expansivos de Faltriqueira, hoxe en día a tradición, as pandeiretas e a muller son protagonistas na música galega. Na actualidade temos que falar de Tanxugueiras, de Fillas de Cassandra e de Caamaño & Ameixeiras, como expoñentes dunha escena actual en feminino que recolle toda esa tradición dende unha nova perspectiva máis aberta e emocionante