Henrique Alvarellos

Henrique Alvarellos

Henrique Alvarellos (Lugo, 1968) é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago (1991) e Máster en Medios de Comunicación pola Universidade da Coruña/La Voz de Galicia (1994). Xornalista, escritor, editor e xestor cultural, é autor de varios libros, entre os que destacan Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997), Teoría de Lugo (2004) Galicia en cen prodixios (2004) ou Diario dun pai acabado de nacer (2008). Desde 2004 dirixe Alvarellos Editora, a empresa cultural que fundara seu pai en Lugo en 1977 e que hoxe é a vicedecana das editoras galegas. Henrique Alvarellos é tamén autor de centos de artigos e crónicas na prensa galega dende finais dos anos oitenta e impulsor de rescates culturais e históricos como a Exposición Rexional de 1909 (2009) ou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo (2018).

  • Editar despois da crise

    Henrique Alvarellos debulla algunhas estratexias necesarias para o sector editorial moi afectado pola crise económica, a transformación dixital e o cambio nos hábitos de lectura. "O que nos debe preocupar é chegar a unha sociedade lectora cada vez máis ampla", destaca