Iria Pérez Álvarez

Iria Pérez Álvarez

Iria Pérez Álvarez é graduada en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela (2025). Na actualidade, cursa o Máster en Formación do Profesorado na mesma universidade, que compaxina co Grao en Ciencia Política e da Administración pola UNED. A súa vocación pola literatura nace do seu paso por distintos certames literarios, entre os que destacan os Premios Minerva do Colexio Manuel Peleteiro, de carácter autonómico, así como outros concursos de ámbito local nos que resultou premiada. Do mesmo xeito, participou na Liga Autonómica de Debate de centros educativos galegos, onde obtivo o primeiro premio no ano 2018.

Os seus intereses sitúanse na intersección entre cultura e política, con especial atención á literatura, á educación e á análise do discurso público. Neste senso, mantén un compromiso activo coa realidade política galega, sendo afiliada ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) desde 2021 e participando nas listas municipais do Concello de Ames en 2023.

Paralelamente, desenvolve unha labor de divulgación cultural en redes sociais, onde xestiona perfís en TikTok e Instagram (@aflorpoetica) centrados na reseña literaria e na reflexión arredor de diferentes manifestacións culturais contemporáneas. Está especialmente interesada na escrita de artigos de análise cultural e política, con atención ás dinámicas sociais que atravesan o ámbito educativo e literario.