A cimeira de Madrid devolve o mundo á Guerra Fría: Rusia xa é inimigo oficial da OTAN
As tropas da Alianza Atlántica pasarán de 40.000 a 300.000 militares, segundo o pactado entre os seus membros. O Goberno español considera un éxito o cumio, especialemente por que a OTAN se implique na defensa de Ceuta e Melilla e fale do Sahel como desafío estratéxico
O Estado non aclara se o CNI espiou a líderes cataláns e Aragonès advirte de "graves consecuencias políticas"
O Goberno de España nega a súa vinculación con actividades ilícitas de seguimento, pero alude razóns de seguridade para non confirmar se o CNI usou o sistema Pegasus. Segundo a investigación de Citizen Lab, máis de 60 dirixentes independentistas foron espiados mediante este programa informático, ao que só teñen acceso gobernos e institucións militares