Laureano Araujo

Laureano Araujo

Laureano Araujo é licenciado en dereito e doutor en ciencia política pola USC. Catedrático de ensino secundario, foi subdirector académico da Escola Galega de Administración Pública e secretario de redacción da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas. Entre maio de 2014 e outubro de 2016 publicou en Praza Pública o blog Café Federal. Traduciu a Heinrich Böll, Friedrich Glauser, Franz Kafka, Thomas Mann, Joseph Roth, Robert Walser e Stefan Zweig, e é o autor do poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario. Sitio web persoal: https://laureanoaraujo.blogspot.com/.