"O tratado UE-Turquía ten consecuencias terribles para as máis vulnerables"
VÍDEOENTREVISTA Roberto Buttiglion, responsable do equipo loxístico de Médicos sen Fronteiras en Lesvos, cre que o pacto entre Europa e o goberno de Erdogan “só é unha operación de control das fronteiras que non dá solucións nin ningunha relevancia á protección dos refuxiados"
A extrema dereita ataca unha casa de refuxiadas en Atenas
Grupos racistas atacaron con cócteles molotov unha 'squat' da capital grega onde durmían 250 persoas refuxiadas. Nos últimos meses, a ultradereita leva a cabo ataques racistas e Amencer Dourada intenta sacar rédito político co seu discurso xenófobo.
"Non é unha crise de refuxiados, é unha crise de solidariedade"
VÍDEOENTREVISTA Muhammadi Yonous é un refuxiado de orixe afgá que preside o Greek Forum of Refugees, organización que serve de ponte entre os desprazados e a sociedade local, ONGs e outros organismos en Grecia.
A Escola, un espazo de vida digna para os refuxiados en Atenas
VÍDEORREPORTAXE O proxecto Heterotopias Refuxiadas métese nun 'squat' da capital grega, un colexio abandonado que o colectivo Voluntart converteu en dous meses nun lugar de esperanza para 400 desprazados e que sofre a falta de recursos materiais e humanos
"Pagarei 2.500 euros a unha mafia para ir a Finlandia ilegalmente"
VÍDEORREPORTAXE Bilal, estudante de Dereito en Siria, malvive en Atenas logo de abandonar o seu país pola guerra. Xa ten decidido poñerse en mans dun traficante para poder continuar cos seus estudos no norte de Europa
Voces refuxiadas: testemuños desde Grecia
VÍDEORREPORTAXE Sara, fuxida de Irán, e Farhar, que escapou dos talibáns e do Daesh en Afganistán, cóntannos a súa odisea para chegar até Atenas, o sufrimento na súa terra, as penuras no país heleno e todos os atrancos para conseguir o desexado asilo en Europa.
City Plaza de Atenas: o mellor hotel de Europa
VIDEORREPORTAXE Construído para os Xogos de 2004, pechou coa crise e botou todas as empregadas. Desde abril, funciona como Centro de Aloxamento para Refuxiados tras o impulso de activistas de esquerda, que acollen 400 persoas nun centro autoxestionado e autoorganizado
"Grecia precisa cartos da UE para os refuxiados pero os recursos acaban nas grandes ONG"
ENTREVISTA Katerina Rouniouk, voluntaria que supervisa no porto do Pireo o almacén autoxestionado de Elliniko, que ocupa a cancha de baloncesto na que se disputaron os Xogos en 2004 e que garda, clasifica e reparte doazóns para as 57.000 refuxiadas bloqueadas no país heleno
Un refuxio en Grecia
Máis de 57.000 persoas refuxiadas viven na actualidade atrapadas en territorio grego mentres agardan por unha resposta ás súas peticións de asilo. Un equipo de Praza percorre as rúas da capital grega para coñecer a súa vida diaria.
Heterotopias: Historias posibles dun refuxio en Grecia
Presentamos un proxecto xornalístico multimedia que se desenvolverá no mes de agosto en Grecia para afondar na situación das persoas refuxiadas e nas realidades vinculadas a elas
O taboleiro de xadrez do Estado Islámico
O xurdimento do IS ou EI – Islamic State ou Estado islámico- responde ás inercias que dende principios dos 90 se comezaron a xerar na rexión do Medio Oriente e o Magreb.