- Análise | María Yáñez A Xestión Cultural en Galicia
- Cultura
Cultura dixital: voluntaria, anónima e poucas veces sustentable
A dixitalización supuxo unha creba, ou polo menos un revulsivo, para a industria cultural tradicional, mais aínda non chegou a consolidarse un modelo económico que sustitúa o intercambio comercial nos soportes tradicionais. As institucións culturais carecen dunha estratexia de apoio á creación e distribución dixital e a realidade é que o voluntariado dixital esgótase
Praza inicia a súa nova etapa co redeseño do xornal e a benvida a VINTE
A piques de facer 7 anos, Praza.gal inicia unha nova etapa este 11 de decembro co redeseño do xornal e o nacemento de VINTE
‘Santoalla’, o documental que conta en clave de ‘thriller’ o homicidio de Martin Venfondern
CON VÍDEO Vén de quedar sentenciado o caso “do holandés de Petín”. Juan Carlos Rodríguez foi condenado a dez anos de prisión polo homicidio de Martin Venfondern en 2010, despois de que un xurado popular o declarase culpable desta morte, fatal desenlace de anos de desencontro entre a única familia que habitaba a aldea de Santoalla e a parella de holandeses que elixiron iniciar alí un proxecto de vida neorrural. Outros dous estranxeiros, os cineastas neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer son os autores dun documental que narra o sucedido
Mulleres na industria musical: A forza que sae de ter que demostrar o dobre
REPORTAXE | A Coruña acolleu este sábado a xornada Mulleres e Música, organizada pola Deputación. No evento puxéronse de relevo os obstáculos que as artistas e profesionais teñen que superar e serviu para elaborar un paquete de medidas para promover a igualdade na música dende as administracións. Por María Yáñez
"Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG"
ENTREVISTA | A serie de ficción sobre a historia do narcotráfico en Galicia é a primeira que leva a unha televisión estatal a maneira de falar dos galegos nos anos 80 e 90. O castelán de 'Fariña' ten entoación galega, sintaxe galega e algún vocabulario do galego; unha das responsables disto é Rosa Moledo, asesora lingüística da serie con máis de dúas décadas de experiencia no noso audiovisual.