Catalunya estrea presidente 144 días despois das eleccións
Tras case sete meses de intervención estatal, o Parlament, grazas á abstención da CUP, inviste a Quim Torra, que di arrepentirse de usar no pasado algunha “palabra inconveniente”
A reforma penal de 2015 tornou en 'terrorismo sen armas' accións como as dos CDR cataláns
A mudanza aumentou o catálogo das finalidades terroristas, incluíndo "calquera delito" que busque "subverter a orde constitucional" ou "desestabilizar" institucións
A fuxida bancaria impacta de cheo na estratexia independentista
Banco Sabadell muda a súa sede a Alacant e CaixaBank estuda este venres se tamén marcha, en pleno debate do Govern sobre como aplicar o 1-O. O PDeCAT pide frear a declaración unilateral do luns: "As présas poden estragar o soño".
O Govern pide mediación internacional e o PP di que o 1-O e os 800 feridos son "unha farsa"
Puigdemont reclama ao Executivo de Rajoy que sente nunha mesa de diálogo con mediadores internacionais antes de que o Parlament proclame a independencia. O PP rexeita a oferta e di que o referendo e as cifras de persoas atendias polos servizos médicos "son unha gran manipulación"
O Estado di agora que deixará "celebrar" pero non votar o día do referendo catalán
A reunión da Xunta de Seguridade non acorda operativo concreto ningún para o 1-O logo de que o TSJC ordenase a todas as forzas de seguridade impedir a apertura de colexios electorais. A Garda Civil incáutase de 2,5 millóns de papeletas, 4 millóns de sobres e 100 urnas en Igualada.