A mostra sobre saúde mental e muller do Festivala de Vilagarcía sofre un ataque vandálico "dirixido contra o colectivo feminista"

Aspecto que presentaba a exposición esta mañá, tralo ataque © O soño de Lilith

Na madrugada do domingo ao luns a exposición do 'Festivala. Mulleres creando', instalada no centro de Vilagarcía de Arousa, sufriu un ataque vandálico que estragou varios dos seus paneis. A mostra, organizada pola asociación O Soño de Llith en colaboración co Concello de Vilagarcía e a Deputación Provincial de Pontevedra, está centrada este ano na saúde mental nas mulleres e permanecerá exposta ao público na Praza de Galicia durante quince días, ata o vindeiro 7 de setembro.

O Concello de Vilagarcía amosou de inmediato a súa "absoluta repulsa" por un ataque que "non foi algo causal, senón que semella máis un acto intencionado e dirixido contra o colectivo feminista"

O Concello de Vilagarcía amosou de inmediato a súa "absoluta repulsa" por un ataque que "non foi algo causal, senón que semella máis un acto intencionado e dirixido contra o colectivo feminista". Por esta razón, o Concello puxo en mans da Policía as investigacións da autoría dos feitos, e dos seus servizos xurídicos ás posibles medidas a adoptar ao respecto. O Concello e a asociación denunciaron os feitos este luns na Comisaría da Policía Nacional.

Aspecto que presentaba a exposición esta mañá, tralo ataque © O soño de Lilith

O Concello xa está traballando coa asociación O Soño de LIlith para recompoñer a mostra e que poida volver expoñerse na Praza de Galicia

O Concello xa está traballando coa asociación O Soño de LIlith para recompoñer a mostra e que poida volver expoñerse na Praza de Galicia. Ademais, convídade a toda a cidadanái de Vilagarcía a participar nas actividades e asistir de forma masiva aos concertos que o colectivo ten programados no marco do Festivala para os vindeiros días, co obxectivo de "amosar a solidariedade coa asociación e volver a poñer de manifesto, unha vez máis, o respecto e tolerancia que impera na nosa cidade".

Pola súa banda O Soño de Lilith agradeceu publicamente a axuda das "rapazas e mulleres que, de maneira espontánea, se foron achegando a estirar os vinilos e recolocar os paneis". "Esta é a forza que move ao feminismo e que nos empuxa a seguir loitando. Aínda estamos emocionadas pola resposta", engadiu a asociación.

A sexta edición do “Festivala. Mulleres creando” optou por abordar a saúde mental "nuns tempos nos que este tema acadou maior relevancia tras as consecuencias que en moita xente tiveron a pandemia, o confinamento e as restricións que recortaron a vida social e as relacións persoais"

A sexta edición do “Festivala. Mulleres creando” optou por abordar a saúde mental "nuns tempos nos que este tema acadou maior relevancia tras as consecuencias que en moita xente tiveron a pandemia, o confinamento e as restricións que recortaron a vida social e as relacións persoais". Ademais da mostra, inclúe dous obradoiros, unha feira, unha proxección de cine e tres concertos gratuítos.

Os actos principais terán lugar os días 26 e 27 de agosto na Praza da II República. O venres 26 a partir das 22.00 horas celebrarase unha sesión musical a cargo de Yaya DJ, KDJ e Señora DJ. A música continuará o sábado, con dous concertos: o da Banda da Loba, en sesión vermú a partir das 12.30 horas, e o que ofrecerán pola noite De Vacas, Kumbia Queers e Sofía DJ dende ás 20.30 horas.

Aspecto que presentaba a exposición esta mañá, tralo ataque © O soño de Lilith

Os actos principais terán lugar os días 26 e 27 de agosto na Praza da II República. O sábado actuarán A Banda da Loba, De Vacas e Kumbia Queers

Regresa tamén este ano a feira de Festivala, que se desenvolverá o sábado 27ao longo de todo o día. Neste marco, varias mulleres emprendedoras darán a coñecer os seus proxectos, desde escritoras ata ilustradoras, pintoras, artesás ou nutricionistas.

O primeiro dos obradoiros previstos celebrarase o sábado 27 de agosto ás 11 da mañá no Auditorio. Leva por título “Mani.Festa.Acción textil da plusvalía non remunerada”. O segundo obradoiro será o de “A Saúde mental nas diferentes etapas da muller”, impartido polas psicólogas Ánxela Abelenda Pose, Merche Calo Suárez e Sandra M. Fernández da Asociación Mullerem. Terá lugar o 3 de setembro a partir das 11 da mañá, tamén no Auditorio.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.