Aumentan as restricións nalgúns dos concellos que xa están confinados perimetralmente: Ferrol, Narón, Fene, Neda, Santiago, Ames, Teo e Vimianzo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este sábado unha nova orde coa que aumenta as restricións impostas nalgunhas das localidades que desde este pasado venres están xa confinadas perimetralmente. Neste caso, afectan a Ferrol, Narón, Fene, Neda, Santiago, Ames, Teo e Vimianzo, estendendo a estes municipios as limitacións na hostalería e comercio que xa rexían en Compostela, a zona do Milladoiro e Ourense.
As novas resitricións entran en vigor ás 00.00 horas deste domingo 1 de novembro e serán efectivas durante 14 días e engándese ás limitacións de entrada e saída destes concellos e á prohibición de se reunir con persoas non conviventes que tamén rexían na área de Pontevedra, en Lugo, na Coruña e en Vigo, que polo momento non verán aumentadas as restricións na hostalería ou no comercio.
A norma establece unha capacidade do 50% nos comercios, negocios de profesionais, academias, autoescolas, centros de formación e puntos de información e un máximo de 30 persoas para lugares pechados e 75 ao aire libre en calquera caso.
Nos bares e cafeterías o consumo só poderá ser en terraza
No que se refire á hostalería, a orde diferencia restaurantes de bares e cafetarías. Nestes últimos só se permite o consumo nas terrazas, que limitarán a súa capacidade ao 50%, mentres que a ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas e todos eles deberán ser convivintes.
Nos restaurantes non se poderá superar o 50% da súa capacidade en comedor e só se poderá consumir en mesa.
En canto ás actividaes en cientes, teatros, auditorios, congresos ou conferencias, haberá un límite máximo de 30 persoas en lugares pechados e de 75 ao aire libre, aídna que se podería ampliar a capacidade a 50 persoas e 150 respectivametne coa autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública.
As limitacións tamén se estenden a actividades físicas e deportivas non federadas e ao público de eventos deportivos, que non poderá superar o 50% da capacidade permitida nas instalacións, cun límite de 30 persoas en lugares pechados e 75 ao aire libre, aídna que tamén se poderán aumentar con autorización da Xunta.
En canto ás vodas e celebracións, non poderán pasar das 50 persoas en espazos ao aire libre e das 25 en espazos pechados. Nos locais de xogo e apostas, a ocupación máxima é de cinco pesoas por mesa, todas elas convivintes, coas mesmas limitacións que nas celebracións en canto á capacidade.