
Texto publicado no número 250 de Grial
A principios dos anos 10 deste século XXI, en plena gran recesión económica e de ánimo cidadán, semellaba non haber semana na que non pechase, empurrasen a pechar ou deixasen caer un medio de comunicación en galego. Este era o contexto no que un grupo de persoas con cadansúas experiencias no ámbito académico e xornalístico se xuntaron en torno a unha idea: abandonar o laio e facer
A principios dos anos 10 deste século XXI, en plena gran recesión económica e de ánimo cidadán, semellaba non haber semana na que non pechase, empurrasen a pechar ou deixasen caer un medio de comunicación en galego. Había pouco máis dun ano da fin do trienio progresista na Xunta de Galicia, o PP de Rajoy avanzaba inexorable cara a unha cómoda maioría absoluta no Estado alfombrada pola primeira vaga de recortes da troika xa aplicados polo PSOE de Zapatero. O paro estaba desbocado e no noso país, aínda sen moito ruído, as grandes caixas de aforro estaban a piques de expirar.
Este era o contexto no que un grupo de persoas con cadansúas experiencias no ámbito académico e xornalístico se xuntaron en torno a unha idea: abandonar o laio e facer. Facer, que? Un xornal. Dixital por vocación e non por necesidade. E, naturalmente en lingua galega. Conscientemente non levou no nome “Galicia” nin “galego”, porque ambos elementos se ían evidenciar na praxe diaria: contar no noso idioma o que sucede cunha ollada plural nun momento no que practicamente todo soaba monocorde. Cumpría un espazo informativo repousado, de ollada ampla e cun espírito comunitario que se canalizou alumeando unha fundación, a Fundación Praza Pública, editora dende febreiro de 2012 do que primeiro foi Praza.com e, felizmente dende 2014 grazas ao impagable traballo da Asociación PuntoGal, Praza.gal.
Cumpría un espazo informativo repousado, de ollada ampla e cun espírito comunitario
Naqueles tempos incertos a Fundación Praza Pública tivo claro que o imprescindible voluntarismo do nacemento (material, en tempo, en vontade) non podería, de ningún xeito, trasladarse á concreción do proxecto. Praza debía nacer cunha redacción profesional, tan pequena ou grande como permitisen os recursos económicos iniciais. E así sucedeu: tres xornalistas da casa e unha pequena rede de colaboracións para comezar a contar.
Case quince anos despois daqueles primeiros pasos, a Fundación Praza Pública edita dúas cabeceiras, Praza.gal e a revista Vinte, cun equipo de seis xornalistas que, coidamos, gañaron co seu traballo diario sona de rigor e bo facer mentres exploran case día a día novas formas de contar nun escenario tan cambiante.
O xornal ten un público sobre todo urbano, que le —e agora tamén escoita e mira— contidos en galego con absoluta normalidade. O mesmo acontece en Vinte coa audiencia máis moza á que, necesariamente, cómpre saír buscar a unhas redes sociais que son peza central no traballo do día a día, mentres que naquel 2012 inicial eran pouco máis ca un accesorio.
E isto como se paga?
Case quince anos despois daqueles primeiros pasos, a Fundación Praza Pública edita dúas cabeceiras, Praza.gal e a revista Vinte, cun equipo de seis xornalistas que, coidamos, gañaron co seu traballo diario sona de rigor e bo facer mentres exploran case día a día novas formas de contar nun escenario tan cambiante
A convicción comunitaria coa que naceu Praza estendeuse tamén dende o inicio ao seu financiamento. Nunha época de crise económica como aquela, pero tamén en calquera outra, a mellor maneira de non transitar por camiños que conduciran a tristes fracasos, considerou o equipo fundador, era concibir un sistema de financiamento tan comunitario como a vocación fundacional. Concretouse nun chamamento a construír unha rede de socias e socios, público lector que, con cadansúa pequena achega, sostivese o traballo da redacción e o mantivese a salvo de mudanzas bruscas no económico ou no político.
Década e media despois, esa comunidade existe, é agarimosamente fiel e medra. Iso é tan certo como que aínda non é, nin de lonxe, dabondo para soportar integramente os custos do xornal e, sobre todo, para basear unicamente nela unha expectativa de futuro que non pode nin debe ser só de sostemento e menos aínda de resistencia, senón de crecemento.
O que coñecemos comunmente como publicidade, nas súas múltiples formas, dende as insercións máis ao uso aos patrocinios de espazos e fórmulas semellantes, segue sendo actualmente un elemento esencial para a sustentabilidade. Así o evidencian as contas da Fundación Praza Pública, cuxos principais números son públicos cada ano, primeiro para a comunidade de socias e socios e xusto despois, para a audiencia en xeral.
Un xornal non se fai só con xornalistas
Máis do 80 por cento dos ingresos da Fundación Praza Pública dedícanse ao pagamento de nóminas de xornalistas e de colaboracións informativas para Praza ou Vinte
Ambas as vías de financiamento, as achegas da comunidade e os ingresos publicitarios, dependen en boa medida do que segue sendo un dos puntos fracos de Praza e doutros proxectos semellantes ao noso. A potencia informativa que pode ter o xornal non é parella á existente na estrutura que o sostén.
Dito doutro xeito: máis do 80 por cento dos ingresos da Fundación Praza Pública dedícanse ao pagamento de nóminas de xornalistas e de colaboracións informativas para Praza ou Vinte. Iso deixa, polo momento, unha escasísima marxe para dotar con estabilidade o proxecto doutras figuras profesionais en eidos comerciais, de produto e xestión.
Ese é o principal reto dos tempos vindeiros e posiblemente o máis complexo de resolver, dado que cómpren máis recursos para integrar no cadro de persoal novas fichaxes destinadas, precisamente, a logralos. Nun escenario hipotético con un ou varios anos de horizonte económico despexado e en alza, esta sería, sen dúbida a área prioritaria na que investir para o crecemento futuro de Praza.
Un mercado disfuncional
O mercado dos medios en Galicia está fortemente condicionado pola publicidade, os patrocinios e outras achegas institucionais públicas nun contexto no que elementos obxectivos como a audiencia, o uso do galego, a estabilidade dos cadros profesionais ou calquera outro perden, en demasiadas ocasións e por activa ou pasiva, a partida fronte a criterios políticos
A cuestión de investir primeiro e sobre todo en xornalismo, que mesmo ten un punto romántico, é imputable en boa medida á propia xestión das persoas que facemos parte do equipo de Praza nas súas vertentes fundacional e xornalística. Pero está intimamente ligada con outra máis xeral e sistémica.
A ninguén se lle escapa que o mercado dos medios en Galicia está fortemente condicionado pola publicidade, os patrocinios e outras achegas institucionais públicas nun contexto no que elementos obxectivos como a audiencia, o uso do galego, a estabilidade dos cadros profesionais ou calquera outro perden, en demasiadas ocasións e por activa ou pasiva, a partida fronte a criterios políticos.
Desta maneira as visións informativas e políticas —en sentido amplo, non só partidario—que son compartidas por media Galicia logran un soporte económico para amplificárense e mantérense no tempo que nin de lonxe obteñen as que representan, como mínimo, ao outro medio país. E estoutras están sometidas en moita maior medida a riscos mesmo vitais no caso de mudanzas políticas en institucións de pequena dimensión como concellos ou deputacións.
O noso mercado mediático ten unha disfunción evidente que ten que ver, sobre todo, cos ingresos institucionais. Pero non só. Tamén, e por arrastre, cos procedentes dun sector privado que cada vez confía menos na inserción publicitaria tradicional.
Todo nun contexto, por outra banda, dominado as máis das veces polas inverosímiles cifras de tráfico web dos xigantes do sector, tráfico que nos últimos anos está menos nas mans dos medios e máis nas da tecnoligarquía de Sillicon Valley e arredores. E isto, como é obvio, impacta aínda máis nas cabeceiras que traballamos en galego, penalizadas nos grandes buscadores e nos algoritmos das redes que, á súa vez, contribúen a que a prensa editada en castelán poida presentarse ante empresas e institucións vendendo clicks ao peso.
Xuntos, máis fortes?
Radiografías como a que estamos tentando facer nestas liñas adoitan rematar con superávit de laios, déficit de autocrítica e procura de solucións. Como esas mesas redondas nas que falar dos medios en galego acaba equivalendo a abordar as eivas das axudas da Xunta de Galicia
Feito o relato e o diagnóstico, cabe preguntarse polas solucións de futuro. Neste punto non foron poucas as ocasións nas que en Praza, como en moitos outros medios, nos preguntamos pola oportunidade de xuntar esforzos con outras cabeceiras. Mais sempre dende a convicción de que aspiramos a ser o que o tristemente desaparecido Vieiros.com chamaba “un país normal”. E nun país normal que diferentes medios de comunicación se editen nun mesmo idioma non equivale a liñas editoriais miméticas.
Así debe ser tamén en Galicia, coidamos. Con ese espírito nos achegamos a iniciativas como a Asociación de Medios en Galego, loable organización que polo momento padece das mesmas eivas ca o groso dos seus membros, unha cativa estrutura profesional e unha limitación evidente para dar un salto adiante que permita, por exemplo, constituírse en plataforma comercial de boa dimensión ou en interlocutora cara a empresas e institucións alén do puntual ou celebrativo.
Cuestión diferente é a colaboración informativa e xornalística. Neste aspecto a vocación fundacional de Praza é que a este país lle cómpren máis arterias ca fronteiras e esa máxima tentamos aplicala no noso día a día. Dende a publicación de contidos con licenzas abertas ata as ligazóns con outros medios. Dende alianzas xornalísticas estables como a que mantemos con infoLibre (noutrora, con elDiario.es) ata apoios puntuais nun contexto no que consideramos que cómpren moitas máis mans que as nosas para construír unha esfera pública galega digna de tal nome. Nun contexto, o dixital, no que mesmo o concepto de competencia entre medios é necesariamente diferente ao que existía cando o xornal era unicamente unha peza de papel que se adquiría nun quiosco físico por cen pesetas.
Unha responsabilidade compartida
Isto ten que ver, por exemplo, con decisións individuais. Como as que determinan onde destinar as decenas ou centos de euros dos que cada persoa poida dispoñer anualmente para informarse
Radiografías como a que estamos tentando facer nestas liñas adoitan rematar con superávit de laios, déficit de autocrítica e procura de solucións. Como esas mesas redondas nas que falar dos medios en galego acaba equivalendo a abordar as eivas das axudas da Xunta de Galicia e a boa posición política e económica da principal empresa do sector.
Sen perder de vista eses elementos, que existen e son fulcrais, cabe sinalar a evidencia de que nada mudará transitando polos camiños de sempre. E cómpre apuntar a unha responsabilidade compartida: a de todas as persoas que, dende cadansúa posición, aspiran a un ecosistema informativo galego e en galego o máis completo e profesional posible.
Non falamos só de cartos. Tamén construímos ou destruímos esfera pública galega cando decidimos compartir no grupo de WhatsApp familiar unha ligazón que fala do que sucede en Galicia e en galego ou, pola contra, unha que alimenta a enésima polémica creada por, poñamos por caso, unha política madrileña
Isto ten que ver, por exemplo, con decisións individuais. Como as que determinan onde destinar as decenas ou centos de euros dos que cada persoa poida dispoñer anualmente para informarse. Unha conta rápida: se medio milleiro de persoas decidise hoxe facerse socia de Praza.gal elixindo a cota máis usual (dez euros ao mes), en apenas un ano desaparecerían as nosas tensións económicas dos últimos tempos e a dependencia dos ingresos publicitarios e asimilados reduciríase en dous terzos.
Pero non falamos só de cartos. Tamén construímos ou destruímos esfera pública galega cando decidimos compartir no grupo de WhatsApp familiar unha ligazón que fala do que sucede en Galicia e en galego ou, pola contra, unha que alimenta a enésima polémica creada por, poñamos por caso, unha política madrileña.
E, por suposto, todo isto está intimamente relacionado con posicións colectivas, públicas e privadas; coas decisións que quen goberna nos diversos niveis de Administración toma a respecto dos medios pero tamén coa, ata agora, limitada audacia de moitos actores privados para ir alén do de sempre tamén ao investiren