10.800 quilómetros separan Fisterra de Nachikatsuura, en Xapón. Pero o vindeiro 23 de xullo estes dous puntos estarán unidos polo sol. Ese día, exactamente no momento en que na localidade xaponesa se estea a producir o mencer, na costa galega veremos o solpor
10.800 quilómetros separan Fisterra de Nachikatsuura, en Xapón. Pero o vindeiro 23 de xullo estes dous puntos estarán unidos polo sol. Ese día, exactamente no momento en que na localidade xaponesa se estea a producir o mencer, na costa galega veremos o solpor, unha coincidencia que unicamente se dá dúas veces ao ano.
Aproveitando esta circunstancia, o Concello de Fisterra acollerá un acto de unión entre ambos territorios, que perimitirá -a través dunha videoconferencia conxunta- que visualizacen ao mesmo tempo o solpor e o amencer desas dúas partes do mundo tan distantes: o país do sol nacente e o país do sol poñente, nun e noutro extremo de Eurasia
Uunha pantalla partida amosará nun lado o sol saíndo polo Océano Pacífico e, no outro, o mesmo sol afundindo no Atlántico, nun acto que contará con intervencións de representantes de ambos países
O Semáforo de Fisterra será o escenario no que se poderá visualizar esta dobre estampa, nunha pantalla partida que amosará nun lado o sol saíndo polo Océano Pacífico e, no outro, o mesmo sol afundíndose no Atlántico, nun acto que contará con intervencións de representantes de ambos países. A iniciativa, coordinada polo físico e catedrático da USC Jorge Mira -o evento parte dun estudo publicado por el-, está apoiada pola Deputación da Coruña, que achega 20.000 euros para a súa organización
Ambas as dúas localidades comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Kumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago
Así, este 23 de xullo a partir das 21.30 horas comezará unha retransmisión conxunta na que, nunha pantalla se verá pouco a pouco aparecer o sol pola costa oriental de Asia, onde nese momento serán as 5 da mañá do día 24, e na outra amosarase desaparecer ese mesmo sol na costa occidental de Europa.
Ademais, dáse a circunstancia de que ambas as dúas localidades comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Kumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago.
A unión entre Galicia e Xapón "vai máis aló", destacou Xosé Regueira. "Compartimos o orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”, dixo
Na presentación da iniciativa, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou que “queremos celebrar este vínculo que une dous territorios a máis de 10.000 km de distancia”. Regueira sinalou que esta unión “vai máis aló, xa que compartimos moito máis que eses dous días nos que coinciden o solpor e o amencer: orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”. Regueira engadiu que estas cuestións “que defendemos dende a Deputación como fitos irrenunciables e transversais" definen "as nosas estratexias turísticas”.