Na súa petición, a compostelá reclama o adianto dos cribados aos 40 anos. Na maior parte das comunidades autónomas -entre elas Galicia- agora está fixado nos 50 anos
O pasado mes de novembro a compostelá María Varela iniciou unha recollida de sinaturas en Change.org para reclamar que se adiante aos 40 anos en todo o Estado a idade recomendada para a realización de mamografías, mellorando así a prevención do cancro de mama. María, de 42 anos, acababa de saber que padecía un cancro de mama metastásico en estadio IV. "Fun ao médico por unha lumbalxia e saíb cun cancro sen cura que callou xa en varios ósos por todo o meu corpo. Este xoves entregou no Ministerio de Sanidade un total de 65.000 sinaturas recollidas nos últimos meses.
María Varela presentou as sinaturas acompañada doutras tres mulleres (Esther, Marina e Nuria) que, como ela, foron diagnosticadas de cancro de mama moi novas, mesmo aos 30 e 31 anos. A compostelá solicitara publicamente por testemuños de mulleres ás que lles detectaran esta doenza antes dos 45 anos e en poucas horas recibiu un cento de mensaxes relatando este tipo de situacións. Varela sinala que recibiu do Ministerio de Sanidade a promesa de que nos vindeiros días será convidada a unha entrevista para tratar a cuestión.
Hai uns meses foille diagnosticado, con 42 anos, un cancro de mama metastásico en estadio IV. Este xoves entregou no Ministerio de Sanidade un total de 65.000 sinaturas recollidas
Na súa petición, a compostelá reclama o adianto dos cribados aos 40 anos. Na maior parte das comunidades autónomas -entre elas Galicia- agora está fixado nos 50 anos, cunha revisión cada dous anos a partir de aí, aínda que algunha xa rebaixou a idade ata os 45. O propio Ministerio anunciou que está valorando a ampliación aos 45 anos.
Porén, de momento descártase rebaixar aos 40 anos a realización estandarizada destas probas. Iso si, as mulleres que conten con factores de risco, como antecedentes familiares de cancro, si acceden antes ás probas de detección, fóra do programa de cribado poboacional. Dende que se iniciou o programa de detección en Galicia, hai algo máis de tres décadas, descubríronse máis de 11.000 casos de cancro de mama.
"Se me fixeran probas antes, teríanme detectado o cancro a tempo e quizais tería unha opción de curarme. Porque coñezo a moitas mulleres que foron diagnosticadas con corenta e pico anos, coma min, ou mesmo máis novas", di María Varela
"Se me fixeran probas antes, teríanme detectado o cancro a tempo e quizais tería unha opción de curarme. Porque coñezo a moitas mulleres que foron diagnosticadas con corenta e pico anos, coma min, ou mesmo máis novas", di María Varela. Destaca, ademais, que "hai uns 15 anos os investigadores comezaron a observar unha tendencia alarmante: cada vez se diagnosticaba cancro de mama en mulleres máis novas". "No podemos decatarnos deste cambio e manter a idade daa primeira mamografía en 50 anos, unha decisión que se tomou nun momento no que a prevalencia do cancro de mama en mulleres novas era inferior", engade.
Hai 14 anos, o daquela presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo protagonizou unha polémica intervención, preguntado pola posibilidade de aplicar repagamentos no sistema sanitario, cos que as mamografías en determinados supostos non entrarían na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde (SNS), exenta de todo pagamento extra por parte das pacientes. Feijóo respondeu: "se estou a favor das mamografías? Depende a que idade", rexeitando polo tanto desbotar o repagamento nesta delicada cuestión.