O Sergas encabeza as queixas pola vulneración de dereitos lingüísticos da 'Liña do Galego'

Sara Seco, responsable do informe; Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña © AMesa

Durante o pasado ano a Liña do galego tramitou 1048 expedientes, dos que 43 foron tramitados como parabéns, 536 como consultas e 469 como queixas

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este luns a edición 2022 do informe da Liña do Galego, un servizo gratuíto para consultas, queixas e parabéns en relación ao uso da lingua galega e o respecto aos dereitos lingüísticos que funciona dende hai unha década. Na presentación participaron Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Sara Seco, responsable do informe; e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, que colabora na realización do informe e da propia Liña do Galego.

Durante o pasado ano a Liña do galego tramitou un total de 1048 expedientes, dos que 43 foron tramitados como parabéns, 536 como consultas e 469 como queixas. Destas queixas, o 22% están relacionadas coa deturpación da toponimia, o 20% coa rotulación e sinalización, o 17% coa imposibilidade de uso do galego na atención oral e escrita, o 21% nos servizos online e o 20% por outras discriminacións (20%).

Portada do informe ©

Dentro das administracións, a que máis queixas recibe é a Xunta de Galicia, cun 37%, por diante do Estado central (33%) e das administracións locais (30%). E, dentro da administración autonómica, é o Sergas a entidade ou organismo que máis queixas recibiu, acadando neste 2022 o 51% do total

As Administracións e Institucións públicas (estatal, autonómicas e local) foron as que máis queixas recibiron ao longo do ano 2022 (51%), situación que se repite ano tras ano desde que se ven desenvolvendo este informe. Aumenta o número de queixas ás empresas e entidades privadas nun 6,56 respecto aos datos do ano 2021, acadando un 33% dos expedientes tramitados. As institución privadas acadaron un 7% do total e as entidades bancarias e aseguradoras o 5%. 

Neste ano engadiuse a categoría medios de comunicación, xa que as queixas recibidas en relación a este sector xa representan un 4% do total. Practicamente a totalidade das queixas dirixidas aos medio de comunicación foron pola deturpación dos topónimos galegos

Dentro das administracións, a que máis queixas recibe é a Xunta de Galicia, cun 37%, por diante do Estado central (33%) e das administracións locais (30%). E, dentro da administración autonómica, é o Sergas a entidade ou organismo que máis queixas recibiu, acadando neste 2022 o 51% do total. 

Neste ano engadiuse a categoría Medios de comunicación, xa que as queixas recibidas en relación a este sector xa representan un 4% do total. Practicamente a totalidade das queixas dirixidas aos medio de comunicación foron pola deturpación dos topónimos galegos

A Mesa destaca que e Sergas é o servizo "que máis problemas pon á cidadanía para un uso normal do galego, na atención oral, escrita e mesmo en formularios como os de consentimento informado para cirurxías que se poden encontrar en ducias de linguas agás, sistematicamente, en galego". A entidade lembra, ademais, que o Sergas "se negou a colaborar cunha campaña desenvolvidada pola Mesa para animar ás persoas traballadoras e usuarias a se manteren no uso do galego". 

Polo que atinxe ás empresas e entidades privadas, as que máis queixas xeran son El Corte Inglés (15%), Naturgy (13%), Google (9%), Ikea (9%), Gadis (7%) e a Asociación Española Contra o Cancro e Iberia cun 4% respectivamente

Sara Seco, responsable do informe; Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña © AMesa

A Mesa destaca que e Sergas é o servizo "que máis problemas pon á cidadanía para un uso normal do galego, na atención oral, escrita e mesmo en formularios como os de consentimento informado para cirurxías que se poden encontrar en ducias de linguas agás, sistematicamente, en galego"

A responsable do informe, Sara Seco, explicou que as consultas recibidas pola Liña do Galego teñen a ver con situacións onde inicialmente se nega a persoas usuarias de servizos a posibilidade de usar e recibir atención en galego. “Unha anomalía nun país no que teoricamente a súa lingua propia é oficial, mais que contrasta coas posibilidades reais de uso”, asegurou Marcos Maceira, “e onde cada vez máis o uso se pon en cuestión invocando unha suposta obrigatoriedade de falar español”.

Respecto ás empresas privadas, Sara Seco salientou como os casos mais “preocupantes”, aqueles onde “as empresas se atreven, amparados na impunidade, a recriminaren á súa clientela o uso da lingua galega, instándoa a usar o castelán para completar os servizos solicitados”. Dende a entidade de defensa da lingua recórdase que estes casos son de gravidade especial naqueles casos onde as empresas privadas prestan servizos contratados pola administración pública.

“Vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas relacións de consumo, mais como na práctica as empresas non teñen obriga de corresponder, ese dereito non se pode exercer”, lembrou Maceira

“Vivimos nun marco legal onde teoricamente todos e todas temos dereito a utilizar o galego nas nosas relacións de consumo, mais como na práctica as empresas non teñen obriga de corresponder, ese dereito non se pode exercer”, lembrou Maceira. “As empresas que operan en Galiza deberían de ofrecer en todos os casos a opción de galego e a Xunta ten que facer que así sexa”, engadiu.

Finalmente, a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, salientou que “é preciso traballar pola igualdade de dereitos lingüísticos e pola fin dos prexuízos, tópicos e actitudes negativas que aínda hoxe afectan ao uso da nosa lingua” e destacou a obriga das entidades públicas á hora de “garantir que calquera persoa que así o desexe poida desenvolver a súa vida plenamente en galego con normalidade.

 

Éxitos

O informe inclúe unha serie de éxitos acadados no último ano no obxectivo de asegurar o cumprimento dos dereitos lingüísticos por parte de administracións e empresas

O informe, iso si, inclúe unha serie de éxitos acadados no último ano no obxectivo de asegurar o cumprimento dos dereitos lingüísticos por parte de administracións e empresas. Por exemplo, en R, onde non se permitía que un cliente tivese o seu buzón de voz en galego, alegando un motivo de configuración; despois do envío da queixa, este motivo de configuración desapareceu e o cliente puido ter o seu buzón de voz configurado en galego. 

Así mesmo, no Ministerio de Xustiza, a documentación necesaria para iniciar os trámites de contraer matrinomio estaba dispoñible só en castelán sen posibilidade de descargala en galego; presentouse a correspondente queixa ante o Ministerio, que habilitou esta documentación en galego.

De igual xeito, o Concello de Xunqueira de Espadanedo non tiña a súa web en galego; despois da queixa corrixiuse e incluíron o galego como idioma de escolla da web. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.