No mediodía do pasado xoves 12 declarouse no termo municipal de Trabada un incendio que xa se converteu no máis destrutivo de todos os sufridos por Galicia neste ano 2023 e que foi definitivamente extinguido nas últimas horas deste domingo. As condicións -altas temperaturas, seca prolongada e ventos fortes- eran as máis propicias para a propagación do lume, que aínda non foi extinguido e que xa arrasou ao redor de 1.900 hectáreas a pesar da chegada das chuvias a Galicia e da baixada das temperaturas.
Entre xoves e sábado arderon 3.046 hectáreas entre Trabada (2.326), Foz (234), Vilariño de Conso (213), Lobeira (111), Chantada (89) e Avión (73), fronte ás 2.596,5 hectáreas queimadas entre xaneiro e os primeiros días de outubro
En conxunto, e sumado aos outros incendios forestais declarados en Galicia entre o xoves, o lume queimou máis superficie en só tres días que no resto do ano. En concreto, entre xoves e sábado arderon 3.046 hectáreas entre Trabada (2.326), Foz (234), Vilariño de Conso (213), Lobeira (111), Chantada (89) e Avión (73), fronte ás 2.596,5 hectáreas queimadas entre xaneiro e os primeiros días de outubro.
O 2023 segue a ser, iso si, un ano con poucos incendios e pouca superficie queimada. As algo máis de 5.600 hectáreas arrasadas polo lume fican moi lonxe das máis de 50.000 do pasado ano, aínda que xa superan os datos de 2014, 2018 e 2021, os tres anos máis favorables da última década.
Foron días difíciles na Mariña, tanto en Trabada como en Foz ou Ribadeo. En Trabada, un concello que habitualmente é citado como exemplo de boa xestión forestal, ardeu o 15% da superficie municipal total e preto de unha quinta parte da súa superficie forestal.
O 2023 segue a ser, de momento, un ano con poucos incendios e pouca superficie queimada. As algo máis de 5.600 hectáreas arrasadas polo lume fican moi lonxe das máis de 50.000 do pasado ano
Ademais, varios veciños e veciñas tiveron que ser desaloxados das súas vivendas, dada a proximidade das lapas a lugares habitados, que obrigou na noite do xoves á declaración da denominada Situación 2. As forzas de seguridade consideran que o incendio, que se iniciou case á vez en catro focos, foi intencionado.
No incendio de Trabada participaron nos labores de extinción 8 técnicos forestais, 66 axentes forestais, 99 brigadas, 69 motobombas, 6 avións e 3 helicópteros. Un gran despregamento de efectivos, imprescindible para controlar un incendio moi complexo.
En Trabada, un concello que habitualmente é citado como exemplo de boa xestión forestal, ardeu o 15% da superficie municipal total e preto de unha quinta parte da súa superficie forestal
Este domingo, ademais, os alcaldes de Trabada, Foz e Ribadeo, Mayra García, Fran Cajoto e Dani Vega, anunciaron que solicitarán manter un encontro co conselleiro de Medio Rural, José González, para analizar o acontecido cos lumes declarados o pasado xoves. Na xuntanza buscan avaliar a superficie afectada, analizar os danos ocasionados polos incendios e tentarán concretar as medidas a levar adiante. Os rexedores apostan por
iniciar unha estratexia de traballo conxunta para afrontar esta situación.
Os alcaldes de Trabada, Foz e Ribadeo, Mayra García, Fran Cajoto e Dani Vega, anunciaron que solicitarán manter un encontro co conselleiro de Medio Rural, José González, para analizar o acontecido cos lumes declarados o pasado xoves
Ata o lugar do incendio desprazouse, xa o venres, o presidente da Deputación provincial, José Tomé, que trasladou o seu "ánimo" aos alcaldes e alcaldesas dos municipios que sufriron lumes e mandou unha mensaxe de apoio á veciñanza, especialmente nos lugares onde tivo que ser desaloxada das súas casas. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, tamén se desprazou ata os municipios de Ribadeo e Trabada para analizar a evolución dos lumes.