A redución do número de contaxios de COVID detectados nos últimos días en Galicia, despois de ter acadado o pico da quinta onda a finais de xullo, comeza a traducirse nun relaxamento das restricións aplicadas nos distintos concellos. Este martes a Xunta, tras a reunión do comité clínico que asesora ao Sergas, anunciou as novas medidas de control que estarán vixentes a partir deste sábado.
Dende este venres unicamente o concello do Grove estará no nivel máximo de restricións, do que saen Monterroso (pasa a nivel medio) e Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona (pasan a nivel alto)
A gran novidade é que unicamente o concello do Grove se mantén no nivel máximo de restricións, do que saen Monterroso (pasa a nivel medio) e Burela, Foz, Viveiro, Sanxenxo, Muros, Monterroso, Meaño e Baiona (pasan a nivel alto).
Nese nivel alto estarán un total de 55 localidades, mentres que outras 69 se situarán no nivel medio. O resto de Galicia manterase no nivel baixo de restricións. Hai cambios nas cidades, e Ourense e Compostela -as urbes con mellores datos- pasan do nivel alto ao nivel medio. As restantes cinco cidades -Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra- manteranse no nivel alto.
As medidas
No concello do Grove, a capacidade da hostalaría estará limitada a un 30% no interior, e só poderán acceder a eses espazos as persoas cun certificado de ter recibido a pauta completa da vacina ou cunha proba negativa da enfermidade. Nos 55 concellos situados en nivel alto, a capacidade no interior estará limitada ao 50% e tamén será necesaria a acreditación da vacinación ou unha proba negativa. Nestes dous niveis, coa capacidade das terrazas limitada ao 50%, os establecementos de ocio nocturno permanecerán pechados.
As restantes cinco cidades -Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra- manteranse no nivel alto
Nos concellos en nivel medio tanto o interior da hostalaría coma as terrazas, a capacidade estará limitada ao 50%, pero non será necesaria a presentación de documentación ningunha para o acceso. Ademais, o ocio nocturno estará aberto, e alí si que haberá que presentar esas certificacións. Finalmente, no nivel baixo as medidas serán semellantes ás aplicadas no nivel medio, coa única diferenza da capacidade permitida nas terrazas, que se eleva ao 100%.