O 20 de decembro de 1946 centos de gardas civís e gardas republícanos portugueses cercaron un grupo de guerrilleiros antífranquistas que se refuxiaran no Cambedo, unha pequena aldea situada na raia seca entre Galicia e Portugal, preto de Chaves
O 20 de decembro de 1946 centos de gardas civís e gardas republícanos portugueses cercaron un grupo de guerrilleiros antífranquistas que se refuxiaran no Cambedo, unha pequena aldea situada na raia seca entre Galicia e Portugal, preto de Chaves. Os guerrilleiros foron asasinados e nos días seguintes foron detidas 65 persoas.
O vindeiro 1 de xuño será inaugurado na aldea un Memorial de pedra co que Assembleia da República quere homenaxear "a comunidade de Cambedo da Raia e seus descendentes, pela solidariedade, coragem e sofrimento de que deu provas no acolhimento de fuxidos do regime franquista, em especial na operação militar concertada
entre as duas ditaduras ibéricas, que ali ocorreu em 20 e 21 de dezembro de 1946".
Os promotores da homenaxe destacan que a Batalla de Cambedo "provocou mortos, feridos, acusados, detidos e muita destruição nos bens e na vida das pessoas que testemunharam os factos e na dos seus descendentes"
No acto participarán o ex- Presidente da Assembleia da República Augusto Santos Silva, o Presidente da Associação Desportiva, Cultural e Recreativa do Cambedo da Raia, o investigador-historiador José Dias Baptista, o deputado-relator da iniciativa, Rui Tavares, o Presidente da Associação Amigos da República de Ourense, David Simón Lorda e o Presidente da Câmara Municipal de Chaves, Nuno Vaz.
Os promotores da homenaxe destacan que a Batalla de Cambedo "provocou mortos, feridos, acusados, detidos (pela PVDE/PIDE) e muita destruição nos bens e na vida das pessoas que testemunharam os factos e na dos seus descendentes". Porén, o feito foi "intencionalmente ocultada e deturpada pelo regime fascista de Salazar" e durante décadas "foi imposto à comunidade raiana um brutal manto de silêncio, só quebrado, em determinados momentos, pelas investigações científicas, galegas e portuguesas, e pela denúncia de alguns jornalistas".
Durante décadas "foi imposto à comunidade raiana um brutal manto de silêncio" sobre os feitos
Hai uns meses, o contexto das conmemoracións dos 50 anos do 25 de abril e "perante a continuada omissão do Estado democrático face ao silêncio reinante sobre aqueles acontecimentos", un grupo de cambedenses e os seus familiares, apoiados por investigadores portugueses galegos e por algunhas asociacións cívicas que loitan polo dereito á memoria, realizaron unha petición á Assembleia da República co obxectivo de "resarcir" a esta comunidade.
1.200 gardas asaltaron a aldea
Cambedo da Raia, o mesmo que outras aldeas coma Torre do Couto, Vilar de Nantes ou Cima de Vila da Castanheira, era un paso obrigado para os refuxiados e exiliados que escapaban do franquismo. E tamén un bo acocho para os guerrilleiros
Cambedo da Raia, o mesmo que outras aldeas coma Torre do Couto, Vilar de Nantes ou Cima de Vila da Castanheira, era un paso obrigado para os refuxiados e exiliados que escapaban do franquismo, case sempre de paso para Latinoamérica ou Europa. E tamén un bo acocho para os guerrilleiros e para as persoas que fuxían da garda civil.
A finais de 1946, varios grupos de guerrilleiros que se refuxiaban no norte de Portugal prepararon unha xuntanza para analizar a situación en España e Europa no contexto do final da Segunda Guerra Mundial e da permanencia, consentida polas potencias occidentais, da ditadura franquista. Membros da Garda Civil que estaban infiltrados nas guerrillas informaron os seus mandos desta xuntanza e prepararon unha operación xunto coa Garda Nacional Republicana salazarista.
No mencer dese día ao redor de 1.200 gardas españois e portugueses cercaron a aldea e mesmo chegaron a bombardear unha das casas con 30 morteiros lanzados dende un monte próximo. Os habitantes da aldea, ao redor de 300, viviron momentos de angustia e terror
No mencer dese día ao redor de 1.200 gardas españois e portugueses cercaron a aldea e mesmo chegaron a bombardear unha das casas con 30 morteiros lanzados dende un monte próximo. Os habitantes da aldea, ao redor de 300, viviron momentos de angustia e terror, entre os disparos das ametralladoras, o lanzamento de granadas de man, de gas lacrimóxeno e de bombas incendiarias. A casa da Albertina, a máis danada polo bombardeo, nunca foi reconstruída e permanece em ruínas, como testemuño da represión.
Nos días seguintes foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, entre eles dezaoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moito os contactos co estranxeiro.