A información estatística do IGE detalla a existencia de máis de 160.000 propietarios de vivenda que alugan algún dos seus inmobles en Galicia. É un colectivo heteroxéneo, de idade avanzada e de todo tipo de nivel adquisitivo. Porén, nos últimos anos a poboación con ingresos elevados recibe unha parte cada vez maior das rendas inmobiliarias. Os que gañan máis de 60.000 euros ao ano perciben xa o 30% dos alugueiros.