O Concello de Monforte presentou o novo servizo de Bus Rural, un transporte gratuíto que permitirá a conexión diaria das 26 parroquias rurais co centro urbano
Monforte de Lemos é un extenso concello (máis de 93 quilómetros cadrados) cun gran número de parroquias no seu interior, un total de 27, das que 26 son rurais. Un dos grandes problemas que presentan as zonas rurais, ao igual que no resto do país, é a comunicación con servizos básicos, que habitualmente se localizan nos núcleos máis habitados, neste caso no centro urbano de Monforte. Os problemas increméntanse para as persoas maiores, sobre todo se non poden conducir ou carecen de coche.
Este mércores o Concello de Monforte presentou o novo servizo de Bus Rural, un transporte gratuíto que permitirá a conexión diaria das 26 parroquias rurais de Monforte co centro urbano. O servizo, que entrará en funcionamento nun prazo máximo de tres meses, será ofrecido por un vehículo de 40 prazas que irá rotulado coas cores corporativas, en vermello, e un deseño que o identifica como autobús de transporte urbano de viaxeiros de Monforte de Lemos.

O horario do servizo de Bus Rural, que entrará en servizo nun máximo de tres meses, será de luns a venres laborables dende as 8 da mañá ata as 15 horas. Terá cinco rutas, que realizará sucesivamente cada día da semana
O horario do servizo de Bus Rural será de luns a venres laborables dende as 8 da mañá ata as 15 horas. Terá cinco rutas, que realizará sucesivamente cada día da semana.
Na presentación do Bus Rural, o alcalde de Monforte, José Tomé, destacou que “a posta en marcha deste servizo é un piar fundamental para mellorar a calidade de vida da poboación rural que en moitas ocasións, ben por idade, por dificultades para desprazarse ou por falta de medios, non pode acceder ó centro urbano para realizar xestións ou compras, que son necesarias na vida cotiá”.
O alcalde, José Tomé, destacou que a posta en marcha do servizo é "un piar fundamental para mellorar a calidade de vida da poboación rural que en moitas ocasións, ben por idade, por dificultades para desprazarse ou por falta de medios, non pode acceder ó centro urbano para realizar xestións ou compras"
“Este tipo de transporte en autobús permitirá aos veciños e veciñas do rural desprazarse facilmente á cidade, contribuíndo á loita contra o despoboamento e facilitándolle a vida á poboación mais vulnerable e con mais dificultades de mobilidade”, engadiu.
O servizo terá un custo total de 1,12 millóns de euros nos dez anos de duración do contrato, dos que o propio concello achegará a maior parte, uns 980 mil euros, e o resto corresponderá ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
O Concello de Monforte destaca que ao remate dos 10 anos de contrato, o autobús pasará a ser propiedade do Concello, de xeito que "cando se faga un novo contrato o servizo sairá máis barato debido a que xa non haberá que comprar o autobús porque a súa vida útil é superior ós 10 anos".
“Este tipo de transporte en autobús permitirá aos veciños e veciñas do rural desprazarse facilmente á cidade, contribuíndo á loita contra o despoboamento e facilitándolle a vida á poboación mais vulnerable e con mais dificultades de mobilidade”, engadiu Tomé
O Concello de Monforte dispuña xa dun servizo de bus urbano municipal, gratuíto para a poboación, que o pasado ano superou os 82 mil usuarios e usuarias. Agora, Monforte amplía este servizo ás parroquias rurais do termo municipal, que quedan así conectadas ao centro da localidade.
As rutas
- 1ª RUTA
Rozavales: Salgueiros + Infesta + Peciña
Vilamarín: Local social + Morade Grande
Caneda: Xunto á Capela e o Muíño
Santa Mariña: Local Social + Barrio Novo + Malvarón
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
- 2ª RUTA
A Penela: Campo da Festa, xunto ao Porto + Fontela
Nocedas: Val + xunto lavadeiro igrexa + núcleo Nocedas
Gullade: Campo da Festa + xunto á igrexa + Recta de Gullade + Cruce de
Guntín
Marcelle: Xunto ó local social
Guntín: Xunto á igrexa e Santa Lucía
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
- 3ª RUTA
Distriz: Local social + Cruce estrada Ourense
A Vide: Xunto Local social + Xunto local da igrexa
Moreda: Xunto Local social e curva do Castro
San Xoan de Tor: Cruce coa estrada de Seoane + Carrouba
San Xulián de Tor: Recta do Ibedo - Local social fronte á pista que sube á igrexa
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
- 4ª RUTA
Fiolleda: San Mamede + Figueira + igrexa
Baamorto: Xunto ó cruceiro, Pol + Cinsa
Chao do Fabeiro: San Martiño + Mato + Hermida + Porto de Lobos + Cruce de
Fabeiro
Seoane: Recta de entrada + Núcleo Seoane Vello + Igrexa
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
- 5ª RUTA
Sindrán: Campo de Abaixo + Local social
Bascós: Carranchousa + Local social
Chavaga: Río + Alto Chavaga
Reigada: Igrexa + Local social Reigada + Vivendas próximas á rotonda
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
- 5ª RUTA Bis
Valverde: Escouredo + Valverde
A Parte: Probeiros (Local social) + Camporrío + Casa farmaceútica
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes
O percorrido de volta de cada ruta será á inversa do realizado á primeira hora da mañá. O día que se realice a Ruta 5, unha vez finalizado a viaxe das parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, fará un segundo percorrido ás parroquias de Valverde e A Parte, denominándose ésta a Ruta 5 bis.