A convocatoria, lanzada especialmente á colectividade galega en Madrid, foi impulsada pola Plataforma Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace
Unha concentración ante o Congreso dos Deputados reclamou este xoves pola tarde que o Goberno central "non financie" a planta que Altri proxecta instalar en Palas de Rei. Tras a denegación de fondos do PERTE de descarbonización a Altri, os manifestantes pediron ao Executivo que "non destine ningún outro tipo de axuda directa á celulosa". A empresa solicita ata 250 millóns de euros de axudas públicas e a construción dunha subestación eléctrica.
A convocatoria, lanzada especialmente á colectividade galega en Madrid, foi impulsada pola Plataforma Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace. Durante o acto leuse un manifesto que levaba o mesmo título que o da primeira gran manifestación contra o proxecto, en Palas de Rei (maio de 2024): Dende A Ulloa ata a ría: terra, auga e aire son vida.
“O que necesita Galicia escoitar por parte do Goberno central é que das arcas públicas non sairá nin un só euro, pois o proxecto é enormemente prexudicial para o medio ambiente e a sociedade galega”, afirmouse na concentración
“Hoxe reunímonos aquí, fronte ao Congreso dos Deputados, para solidarizarnos cun movemento cívico de dignidade, de loita, de mobilización permanente, pero tamén de esperanza, que desde hai máis dun ano levantouse dende o corazón de Galicia, para dicir que xa abonda. Para dicir que a integridade ecolóxica do territorio e a nosa conexión harmónica con el é a base da nosa existencia. Para advertir de xeito nidio que non estamos dispostas a que ninguén poña en risco aquilo que nos dá a vida", comezou o manifesto.
No acto participaron membros do propio Goberno do Estado, como a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, acompañada de integrantes de Sumar
“O que realmente necesita Galicia escoitar por parte do Goberno central é que das arcas públicas non sairá nin un só euro nin do PERTE nin de ningún tipo de axuda directa, pois o proxecto é enormemente prexudicial para o medio ambiente e a sociedade galega”, afirmouse na concentración.
No acto participaron membros do propio Goberno do Estado, como a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, acompañada do deputado de Sumar Manuel Lago, e da coordinadora estatal da formación, Lara Hernández. Lago destacou que que “a implantación dunha nova planta de produción de celulosa é incompatible coa estratexia de descarbonización da industria” e que a instalación dunha nova celulosa en Galicia é un “grave erro en termos de estrutura económica” e de especialización produtiva, xa que, na súa opinión, “é unha industria de enclave, que apenas xera riqueza, emprego e benestar no territorio onde se implanta”.
Tamén participou a senadora do BNG, Carme da Silva, que sinalou que “Altri non debe recibir un só euro de recursos públicos". "Ese é o compromiso do BNG e seguiremos traballando até conseguir que así sexa”, dixo
Tamén participou a senadora do BNG, Carme da Silva, que sinalou que “Altri non debe recibir un só euro de recursos públicos". "Ese é o compromiso do BNG e seguiremos traballando até conseguir que así sexa”, dixo.
O BNG considera que a retirada do apoio económico institucional será decisiva para evitar a implantación de Altri en Palas de Rei, e anuncia que intensificará a súa acción política neste sentido, en colaboración co tecido social galego que se opón ao proxecto.