A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vén de acordar o seu apoio á folga xeral convocada para este 14 de novembro. A través dun comunicado, o colectivo - que agrupa representantes do ensino a a través de diversas entidades, sindicatos ou organizacións estudantís- fai así "un chamamento ao conxunto da comunidade educativa, pais e nais e profesorado para que apoie esta convocatoria". Apostan así por "denunciar os constantes recortes que se veñen aplicando sobre o ensino público" e que, na súa opinión, realízanse d, incluso a centros que segregan alumnado por razón de xénero".
A plataforma pide que se secunde a folga para denunciar "o ataque permanente ao ensino público galego"
A plataforma pide que se secunde a folga e que se apoien as mobilizacións para denunciar "o ataque permanente ao ensino público galego" que, segundo os seus datos, sufriu unha redución orzamentaria de 425 millóns de euros nos últimos anos, ademais das supresión de centros de unidades, a redución de 2500 profesores, o incremento das ratios, a non cobertura das baixas do profesorado, a redución da oferta de Bacharelato e da implantación da FP, a redución desproporcionada das bolsas de estudos, así como o endurecemento dos criterios de acceso ás mesmas, ou o incremento das taxas universitarias. "Son motivos máis que suficientes para apoiar esta folga reclamando un cambio de políticas no ensino, un cambio que necesariamente ten que pasar polo incremento dos orzamentos para a ensinanza pública", reivindica.
"O anteproxecto da Lomce é outro motivo máis para apoiar a folga por recentralizador, antidemocrático, segregador e elitista"
Por outra banda, a Plataforma Galega advirte ademais de que o anteproxecto da Lomce é "outro motivo máis para apoiar a folga". "É un proxecto de lei recentralizador, antidemocrático, segregador e elitista, que ataca a igualdade de oportunidades, impide o acceso de todos a unha educación de calidade e pretende non só favorecer o ensino privado concertado, senón mesmo trasladar o modelo de funcionamento dos centros privados aos públicos". O colectivo cre que a nova lei educativa que prepara o ministro Wert "pon en cuestión o dereito universal á educación, vai impedir o acceso á educación ás clases populares, invade competencias das comunidades autónomas, crea centros de elite e liquida a xestión democrática dos centros". "Estamos ante un novo ataque ás institucións e competencias galegas e un novo intento de centralización e españolización", di o comunicado.
"Por todos estes motivos, pedimos o apoio á folga e a participación nas mobilizacións que se realizarán nas distintas cidades galegas", insiste a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que está integrada por representantes da comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades como organización sindicais do ensino como a CIG, anpas, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís como Galiza Nova ou partidos políticos como o BNG, entre outros.