Feijóo reproduce o argumentario do PP: "A folga non resolve os problemas"
O presidente en funcións "non cre" que as protestas do 14-N fosen "boas para os traballadores" e subliña que "a maioría da xente foi traballar e decidiu non facer folga"
O presidente en funcións "non cre" que as protestas do 14-N fosen "boas para os traballadores" e subliña que "a maioría da xente foi traballar e decidiu non facer folga"
A cidadanía galega volveu manifestarse masivamente nunhas marchas con cifras de asistentes que volveron destacar no conxunto do Estado. Sindicatos e medios cualifican de "históricas" unhas protestas que chegan menos dun mes despois das eleccións autonómicas.
Un grupo de manifestantes irrompeu no comezo da marcha cunha faixa acusando os sindicatos de traidores e provocou momentos de tensión que se saldaron finalmente con 3 detencións.
Medio millón de persoas, segundo os sindicatos, saíron ás rúas do país para protestar contra as políticas do Goberno e da 'troika'. Vigo e A Coruña volveron encherse unha vez máis con 180.000 e 125.000 manifestantes respectivamente. Galería de imaxes no interior.
A crecente importancia que sindicatos, gobernos e medios de comunicación emprestan aos datos de consumo eléctrico nas folgas levou neste 14N a moitos concellos, coma o da Coruña, a manter aceso o alumeado público polo día. As medicións amosan un importante seguimento do paro, aínda que inferior ao do 29 de marzo.
O gabinete de Mariano Rajoy tenta minimizar as protestas de todo o Estado mentres as centrais sindicais galegas elevan ao 90% o seguimento medio no país