A rapazada inventa: Dende lentes para cegos a un dispositivo para escorrentar xabaríns
Este xoves comeza en Ourense a 13ª edición de Galiciencia, na que participan 79 proxectos de 40 centros escolares de Galicia, Asturias, Cataluña, Euskadi e Andalucía, que se exporán ata o venres. A partir do 2018 a feira científica para escolares celebrarase no mes de maio, para adaptarse mellor ao calendario do alumnado