Appybee: a ferramenta do apicultor 2.0 para reducir a mortalidade das abellas
Este sistema, desenvolvido en Galicia con tecnoloxías libres, monitoriza o interior e exterior das colmeas para loitar contra as pragas que sofren os insectos e tamén contra a vespa velutina. Preséntase este xoves en Compostela na primeira xornada da LibreCon 2017, un encontro que reunirá 350 expertos e 200 empresas de todo o mundo.