As 85 científicas pioneiras da USC que abriron o camiño
O vindeiro 20 de febreiro a Biblioteca Concepción Arenal (Santiago de Compostela) acollerá unha editatona para mellorar colectivamente os contidos da Wikipedia en galego sobre as mulleres na ciencia, e coa que se busca publicar as biografías de 85 das primeiras estudantes das carreiras de Medicina, Farmacia e Ciencias na USC