Ciencia e tecnoloxía
"Os 4.000 dominios .gal poderían ser moitos máis. Pero comezan a verse e iso é importante"
ENTREVISTA | Falamos con Edita de Lorenzo, directora xeral da Asociación Puntogal, para que valore a traxectoria do dominio galego e os seus retos inmediatos
VÍDEOS | O galego, unha lingua para as cousas novas
Youtubers, elaboración de videoxogos, videocreacións, empresas TIC, desenvolvemento de software libre, apps, cultura maker... O galego afianzouse nos últimos anos no mundo dixital, demostrando ser unha ferramenta idónea para moverse nas redes e no sector das novas tecnoloxías.
Dinahosting: "O uso do galego dános proximidade e permítenos diferenciarnos"
A empresa compostelá de rexistro de dominios e hosting leva 15 anos medrando de forma constante. Hoxe suma case un cento de traballadores/as e unha facturación anual de 13 millóns de euros e sempre empregando a lingua galega con total naturalidade e sen complexos.
‘O Ximnasio dos verbos’, unha app para fortalecer o galego
A iniciativa, desenvolvida por Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González, profesores da Universidade de Heildelberg (Alemaña), busca axudar ao dominio dos verbos irregulares.
Os acreditados a Cátedra da USC critican os criterios propostos pola universidade
Este grupo de profesores e profesoras afirma que a propota contén "criterios anti-académicos" e pide que se aplique outro tipo de baremos "obxectivos que non reforcen prácticas clientelares, nin vaian en contra dos usos académicos".
Dous alumnos do campus de Ferrol, premiados nun certame estatal de robótica
Pablo López e Antonio Regueira, estudantes do terceiro curso do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol obtiveron hai uns días dous premios no I Desafío ASTI Robotics, un certame que tivo lugar en Burgos.
StarGal, demostrando que "as TIC e o galego poden e deben ir da man"
O IESP A Cachada (Boiro) lanza por segundo ano consecutivo un certame de creación videoxogos aberto ao alumnado dos centros de ensino de toda Galicia. Ademais, haberá unha mostra de produtos audiovisuais e robóticos ao redor da figura de Carlos Casares.
"A era dixital vai supoñer un plus para o galego"
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu o "Día das Redes Galegas", unha xornada de debate sobre a situación do galego nas redes sociais. Falamos con María Pérez Justo, client account manager en Twitter España
Feijóo recúa e paraliza o decreto de persoal investigador tras a protesta dos científicos
"Se o que buscamos é dar estabilidade e este decreto parece que vai producir o contrario, o lóxico é paralizalo", di o presidente despois de que referentes da investigación científica se dirixisen a el para alertar dos riscos da norma
Un estudo europeo reclama máis recursos tecnolóxicos para o galego
200 expertos e expertas da Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa analizan as aplicacións e ferramentas dispoñibles para 31 linguas do continente. O galego sitúase nunha posición intermedia, aínda que lonxe das posibilidades de tradución automática, análise textual ou procesamento da fala coas que contan os idiomas maioritarios.
Referentes da ciencia en Galicia esixen a Feijóo paralizar o seu decreto de persoal investigador
A norma que prepara a Xunta "frea a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter beneficios" da investigación científica "á sociedade", alertan persoeiros da investigación como Ángel Carracedo e responsables das principais institucións científicas do país