Ciencia e tecnoloxía
Galicia ten o Internet máis lento de todo o Estado
Os datos do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital indican que o 30% dos fogares galegos non chega a unha velocidade de conexión de 10 Mbps, fronte á media do 10% no conxunto de España. A UE fixa como obxectivo que no ano 2020 todas as vivendas acaden os 30 Mbps, algo que semella moi lonxe.
Wall-E e R2D2: Estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots en Vigo
Máis de 170 equipos de todo o país participaron na terceira edición da Competición de Robots organizada pola Escola de Enxeñaría da Universidade de Vigo
"O mellor 'think tank' que teñen as administracións son as universidades e non sempre o utilizan"
19 grupos de investigación galegos únense na Agrupación Estratéxica BETA+. O obxectivo é afondar no estudo do territorio desde un punto de vista produtivo e ambiental e converterse nun polo de atracción de recursos e investigadores. Falamos con Lourenzo Fernández Prieto, un dos seus coordinadores
A Axencia Espacial Escolar galega prepara o seu segundo lanzamento
O vindeiro 5 de maio o alumnado de tres institutos de Vila de Cruces, Oleiros e Ordes lanzará á estratosfera dende esta última localidade unha sonda co obxectivo de que acade os 30 quilómetros de altura. Será a segunda experiencia deste tipo, tralo éxito da iniciativa o pasado ano.
"Administración e colexios profesionais manteñen unha grande inacción ante as falsas medicinas"
ENTREVISTA | O xornalista Luís Alfonso Gámez, autor do blog Magonía e condutor do programa Escépticos (EiTB 2), pechou a xornada do xoves da Semana Galega de Filosofía, na que alertou dos riscos para a saúde dos falsos remedios médicos, coma a homeopatía.
Os Escornabots achegarán as tecnoloxías libres a outros 20 centros de ensino
O proxecto de robótica open source, iniciado por BricoLabs en 2015, xa contou coa colaboración da Xunta neste curso, que a través dun proxecto piloto o levou con grande éxito a unha vintena de colexios. Falamos con Tucho Méndez, un dos seus impulsores
"Mozos e mozas usan as redes sociais de forma moi diferente en función do sexo"
O Taller Permanente de Novas Masculinidades e Cambio Social do Instituto de Ciencias da Educación da USC presentou as conclusións dun estudo sobre Redes sociais e dominación masculina, elaborado a partir dos cuestionarios respondidos por 634 adolescentes de Compostela.
Alta mortalidade: as enfermidades infecciosas no boom das series
CIANURO NAS MAZÁS Nas novas ficcións, a alta taxa de mortalidade requerida, introduce as enfermidades infecciosas como unha causa de morte posible
Éxito de asistencia aos GPUL Labs, que buscan espallar a filosofía do software libre
As catro primeiras charlas da segunda edición desta iniciativa encheron as súas 160 prazas. Prepáranse agoras as novas actividades -obradoiros, conferencias e hackathons- que se celebrarán na Coruña e Compostela.
Unha adega experimental no campus para investigar os viños galegos do futuro
No Campus Terra desenvólvense estudos ligados á elaboración de viños e sidras ou o envellecemento dos caldos en barricas de carballo galego
Un curso online formará ciberactivistas en Galicia contra os discursos de odio
A iniciativa, impulsada por Ecos do Sur, busca tamén constituír unha rede anti-rumores que contrapese a actividade dos grupos e individuos contrarios ás persoas migrantes. Desenvolverase ao longo de maio e xuño. Falamos con Natalia Monje, responsable de comunicación da entidade.