Ciencia e tecnoloxía
Doutores ten a Xunta
No Goberno galego hai un médico que non é doutor e tres doutores que nas súas teses vían especulación urbanística nas vilas do rural, elementos descoñecidos do mexillón galego e beneficios para México no libre comercio con EEUU.
A tartaruga 'Ladeira' segue viaxe cara ao Caribe
Unha tartaruga atopada sen folgos en Corrubedo hai catro meses será soltada este mércores no Grove logo da súa recuperación pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
A realidade virtual "na cidade do futuro", protagonista no Tek-Fest de Pontevedra
O encontro internacional de tecnoloxías emerxentes ultima o seu programa con obradoiros, un simposio e un día aberto ao público en xeral.
O 'método Gutmann', ou por que o PP borrou 35 veces os discos duros de Bárcenas
O sistema empregado polos populares para, segundo a xuíza, "destruír a conciencia" a información contida nos ordenadores do ex-tesoureiro foi deseñado hai 20 anos por un informático da Universidade de Auckland, en Nova Zelandia.
O 9% dos e das universitarias que se licenciaron en 2010 están no estranxeiro
O INE publica a primeira Enquisa de Inserción Laboral de Titulados, que amosa que a porcentaxe se eleva ao 15% no caso dos e das graduadas en Humanidades e Ciencias Sociais. O 30% mudáronse a outra provincia dentro do territorio español.
Puntogal lanza un 'Documento Galego de Identidade na rede' para o 25 de xullo
Os e as usuarias da web da asociación poderán personalizalo, descargalo e compartilo nas redes sociais. Ademais, como parte da campaña, os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE)
Novas estratexias para as comunidades locais na rede
Manel Vilar
Ángel Carracedo: A noite na que o campo da festa aplaudiu a un científico
O prestixioso científico pregoa as Féstas do Apóstolo, en Santiago, cunha reivindicación do investimento en coñemento. "Queremos facer ciencia aquí", proclamou entre aplausos.
Minaría de opinións: Un proxecto galego que lles aprende a 'ler' ás máquinas
ENTREVISTA Falamos con Manuel Vilares (Universidade de Vigo), responsable de Telepares, unha iniciativa de investigación que desenvolve ferramentas que analicen de xeito automático microtextos coma os que se empregan en twitter e outras redes sociais.
Aberto o prazo de matrícula da VII edición do Masterterra
O Máster Oficial en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio impartirase no Campus de Lugo da USC no curso 2016-2017
O proxecto galego 'ICT-Go-Girls!', un exemplo de feminización das carreiras tecnolóxicas
A iniciativa, dirixida polo CESGA, e na que colabora a USC e universidades de Alemaña, Austria, Polonia e Bélxica, foi destacado a pasada semana polo comisario europeo de Educación, Tibor Navracsics, como un modelo a seguir en toda a UE