Entrevistamos a Patricia de Lorenzo horas antes dunha representación de Chévere en Ames. A compañía realizará a partir de agora as súas actividades en Teo, no centro cultural da Ramallosa.
"Cando fomos falar a Ames e a Teo sentimos o recoñecemento, xente que valoraba a nosa traxectoria"
"Vai ser moi beneficioso para o concello tamén, porque a cambio disto organizamos unha series de actividades: os espectáculos de Chévere, traballos con rapaces, traballos de perspectiva de xénero... Ademais Teo ten agora un espazo, o centro sociocultural da Ramallosa, tecnicamente moi ben dotado, o que pode atraer outro tipo de programación que até agora non podían ter"
"Pola Nasa pasaron todo tipo de espectáculos, a Nasa foi a casa de todo o mundo, e foi un fenómeno mesmo a nivel estatal"