A cantante Margareth Menezes, unha das artistas máis destacadas do Brasil, vén de converterse na nova ministra de Cultura no Executivo presidido por Lula da Silva. O nomeamento ten unha grande importancia simbólica por varios motivos, outorgando moito peso e visibilidade á carteira de Cultura, que desaparecera durante o mandato de Jair Bolsonaro, que a convertera nunha secretaría adscrita ao Ministerio de Turismo. Agora, ao gual que sucedera con Gilberto Gil, o Ministerio de Cultura pasa a estar dirixido por unha persoa cun grande peso específico no sector, especialmente no musical, dunha enorme importancia no país.
Lula da Silva recupera o Ministerio de Cultura, que fora suprimido por Bolsonaro e sitúa á fronte a unha das artistas máis importantes da música brasileira
Nacida en Salvador de Bahía en 1962, Maga, como é coñecida no Brasil, iniciou a súa carreira musical nos anos 80 do século XX e dende entón publicou 14 discos de grande repercusión nacional e internacional, convertida na raíña do "Afropop Brasileiro", con éxitos como "Me Abraça e Me Beija", "Dandalunda" ou "Elegibô", que a levaron a ser alcumada como "a Aretha Franklin brasileira". Ademais, ten desenvolvido un importante traballo social con crianzas e mocidade a través de distintas iniciativas entre as que destaca a ‘Fábrica Cultural’, unha ONG fundada en Salvador de Bahía que emprega a cultura e a música para loitar contra a exclusión social, o traballo infantil ou a explotación sexual de menores.
Compuxo e interpretou a canción “Portugaliza” no XV aniversario da entidade
Pero, ademais, Menezes ten unha relación especial con Galicia, fundamentalmente a través da asociación Ponte nas Ondas! Nos últimos anos, a entidade vén traballando con disintas artistas de Portugal, Brasil e Galicia para avanzar a través da música e da lingua no seu labora de tender pontes máis aló das fronteiras. Así, Chico César, Daniela Mercury ou Lenine levaron a cabo colaboracións musicais coa asociación. E tamén o fixo Margareth Menezes, que compuxo e interpretou a canción “Portugaliza” no XV aniversario da entidade, celebrado baixo o lema “O patrimonio dos tesouros vivos”, como informaba nesta nova Vieiros.com
Na canción Menezes cantaba "Há um barco que vai, um abraço que vem/ Navega no mar, Ponte...nas Ondas!/ Nos mares do Sul/ Distantes Navios da Bahia encantada/ A navegar.../ De onde vem essa saudade que quer se eternizar?/ Pode ser nossa amizade que quer recomeçar/ Deixar falar minha lingua, sentido português,/ Deixa eu lembrar da terra, eterna Galiza/ Portu Galiza/ Portu Galiza/ Portugaliza/ Portu Galiza/ Galaico-Português"
A nova ministra de Cultura do Brasil colaborou co proxecto Cores do Atlántico, da artista Socorro Lira, promovido por PNO! No disco interpretou unha das 15 cantigas de amigo, a atribuída ao trobador Airas Nunes, “Bailemos nós já todas, ai amigas”
Ademais, a nova ministra de Cultura do Brasil colaborou co proxecto Cores do Atlántico, da artista brasileira Socorro Lira, promovido por Ponte...nas ondas! Foi presentado no marco do congreso internacional “Pontes de cultura, pontes de futuro” celebrado en Vigo e Melgaço do 23 ao 25 de abril de 2010. Tratábase dun proxecto transdisciplinar coas cantigas de amigo galego-portuguesas que incluíu a gravación dun disco con artistas de diversos lugares da lusofonía e a edición dun libro. No disco participou Margareth Menezes interpretando unha das 15 cantigas de amigo, a cantiga atribuída ao trobador Airas Nunes, “Bailemos nós já todas, ai amigas”.
Así mesmo, no concerto de presentación celebrado na illa de San Simón, Margareth Menezes interpretou tamén outras cantigas como a de Martin Códax “Ondas do mar de Vigo”. En 2014, a editora Latus da Universidade de Paraíba publicou o libro-disco para todo o Brasil. Esta edición permite ao público brasileiro coñecer un patrimonio común con Galicia e Portugal.
En Galicia Menezes coñeceu de primeira man a experiencia de Ponte...nas ondas! e salientou que era unha experiencia "que favorece a comunicación e a lingua". Segundo a artista, o proprio nome do proxecto é “belísimo, muito inspirador, bacana”
A súa visita a Galicia nese ano 2010 permitiulle a Margaret Menezes coñecer a Ria de Vigo e participar
nos ensaios do concerto de Cores de Atlántico xunto con outras artistas e músicos como Socorro Lira de
Brasil, Uxía de Galicia ou João Afonso de Portugal. Aquí coñeceu de primeira man a experiencia de Ponte...nas ondas! e salientou que era unha experiencia "que favorece a comunicación e a lingua". Menezes manifestou nesa oportunidade que o proxecto Ponte...nas ondas! é "moi importante".
Segundo a artista, o proprio nome do proxecto é “belísimo, muito inspirador, bacana”. Este apoio foi incluído no dossier da candidatura de Ponte...nas ondas! ao rexistro das boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial e que foi inscrita o 1 decembro de 2022 en Rabat.