Este domingo pecháronse tres intensos días de música en Vilaxoán, no parque de Dona Concha e na praia do Preguntoiro. O Revenidas celebrou a súa 15ª edición, coas actuacións de Soziedad Alkohólica, El Drogas (na xira de despedida do ex-cantante de Barricada), Ayax y Prok, Tremenda Jauría, Zoo, Dakidarría, Russkaja ou a Banda Xangai. No concerto da formación liderada por Xurxo Souto os e as asistentes puideron escoitar sobre o escenario á Coral de Vilaxoán, a primeira vez que actuaron dentro do festival. Houbo tamén tempo para circo, para concertos en barco, para a feira e por suposto para as sardiñas, con artesanía, fook trucks, xogos e actividades para toda a familia