Estas son as obras e persoas finalistas da Gala do Libro Galego

Foto dos gañadores e gañadoras na edición 2018 da Gala do Libro Galego © AELG

A Gala do Libro Galego xa ten finalistas. O certame, organizado de forma conxunta pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) deu a coñecer este xoves as súas obras, autores e autoras candidatas aos galardóns, que se entregarán o vindeiro 11 de maio no Teatro Principal de Compostela.

Os premios buscan recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia e, de igual xeito, a traxectoria de profesionais e proxectos en ámbitos como as iniciativas culturais, o fomento da lectura, os proxectos literarios na rede e o xornalismo cultural. Precisamente nesta categoría de Xornalismo Cultural unha das finalistas é Montse Dopico, que publica habitualmente os seus traballos en Praza.gal.

As distincións, sen dotación económica, xorden en primeira instancia das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.

Os premios entregaranse o vindeiro 11 de maio en Compostela © Gala do Libro

Ensaio e investigación

  • As orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago).
  • Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).
  • Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia).
  • Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento).
  • Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (editores) (Editorial Galaxia).
  • Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia).

 

Divulgación

  • Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).
  • Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra).
  • Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza).
  • Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia).
  • Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia).
  • Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora).

 

Narrativa

  • Besta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).
  • Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia).
  • Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia).
  • Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)
  • Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia).

 

Infantil

  • Kusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia).
  • Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia).
  • O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora).
  • Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).
  • Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia).

 

Xuvenil

  • A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).
  • A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia).
  • O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).
  • Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia).
  • Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia).

 

Libro ilustrado

  • Macedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial).
  • Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
  • O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora).
  • Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia).

 

Libro de banda deseñada

  • Animalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia).
  • O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor).
  • O puño e a letra, por VV. AA.(Edicións Xerais de Galicia).
  • Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia).

 

Iniciativa bibliográfica

  • A gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza.
  • Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.
  • Colección Feminismos, por Editorial Galaxia.
  • Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do "25-0 Día de FGL en Galicia"), por Alvarellos Editora.
  • Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora.

 

Tradución

  • A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora).
  • A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).
  • Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora).
  • O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, "Belatz", por Manel Cráneo (Demo Editorial).
  • Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora).

 

Poesía

  • ...as neuronas irmás..., de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia)
  • Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora).
  • Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Edicións Xerais de Galicia).
  • Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia).
  • Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora).
  • Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario).

 

Teatro

  • A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).
  • A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).
  • Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).
  • Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).
  • Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María).

 

Libro mellor editado

  • Galicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia).
  • Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
  • O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia).
  • Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora).
  • Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora).

 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

  • Asesoría de Bibliotecas Escolares.
  • Chan da Pólvora (libraría e editora).
  • Kalandraka TV.
  • Libraría BD (Vigo).
  • Libraría Cartabón (Vigo).
  • Salón do Libro de Pontevedra.

 

Proxecto literario na rede

 

Xornalismo cultural

  • Daniel Salgado.
  • Montse Dopico.
  • Ramón Nicolás.
  • Revista Luzes.
  • Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.