- Reportaxe
- Cultura
Os avatares de Afonso X O Sabio
O Consello da Cultura analiza nunha exposición a figura política e cultural do monarca aproveitando a conmemoración dos 800 anos do seu nacemento. A mostra, situada na Igrexa da Universidade, percorre a súa influencia na época a partir de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais.
- Entrevista | Berlai
- Cultura
“As persoas estamos feitas de moitos pasados, moitas vivencias”
Berlai publica novo disco, un percorrido dunha xornada polas distintas estancias dunha casa. Un traballo feito no confinamento que convida a ver a flor que nace no cemento, o valioso do cotián.
- Entrevista | María Marco
- Cultura
“Os coidados son a expresión máis radical de disidencia, un modo de dislocar o capitalismo”
María Marco Covelo vén de gañar o XXXVII Premio Xerais de Novela con 'Coidadora' e falamos con ela do que define como "unha imposición non escrita, un xuízo ético invisible a fillas, esposas ou irmás"
- Entrevista | Celeste Garrido
- Cultura
“Había e hai moita desigualdade, moita dependencia, e ademais as mulleres son constantemente xulgadas”
O MARCO, en Vigo, acolle ata o 14 de febreiro a exposición Os teus ollos din o que a túa boca cala, de Celeste Garrido, na que poden verse pezas das súas series Nupcial e Infancias Rotas
"Unha cultura viva é aquela cuxo repertorio está en constante cuestión"
A improvisación é un traballo transversal, sen estruturas quietas ou categorías estancas que medien o valor intrínseco do movemento, sen roles de poder nin redes que o executen, sen xerarquías, di o bailarín e coreógrafo Javier Martín. E estas poucas palabras axudan a explicar o seu traballo, que deu obras tan estimulantes coma brumario, a peza que comparte con varios membros da Vertixe Sonora.
O exilio, a resiliencia e o esquecemento: a María Casares de ButacaZero
ButacaZero reconstrúe a vida de María Casares en Despois das ondas, un espectáculo de teatro que é cinema e cinema que é teatro, no que se fai unha película en directo, amosando ao espectador toda a parte técnica, ao tempo que se relata a biografía da actriz en diversos planos espaciais e temporais.
- Entrevista | Alfonso Zarauza
- Cultura
“Non me gustan as películas que se autoconclúen, senón as que me deixan rumiando na cabeza”
Ons, a nova película de Alfonso Zarauza, chegará ás salas de cine o 18 de decembro. Falamos co director
- Entrevista | José Prieto
- Cultura
Bernarda, os roles femininos e o cambio social: a historia dun éxito inesperado do teatro galego
Unha das compañías con maior distribución do país, malia non ser das máis coñecidas, Malasombra, foi a máxima gañadora dos últimos premios María Casares coa súa montaxe ‘Bernarda’.
- Entrevista | Guadi Galego
- Cultura
"Temos oportunidade de revisar o contrato que asinamos coa vida e o que debemos mudar nel"
“Por costura entendo zurcido, cicatriz, remendo. Estamos nun momento de remendar todo o que hai que remendar”, di Guadi Galego sobre o seu novo disco, Costuras. Un traballo rematado durante o confinamento que convida a reflexionar sobre o mundo que queremos.
Unha trintena de filmes da sección galega da Semana do Cine de Lugo
O certame proxectou na súa sección galega un total de 30 filmes, entre longas e curtametraxes. Unha trintena de mostras do que se está a facer no audiovisual do país, do máis profesional ao máis afeccionado, con temáticas e estéticas variadas.
- Entrevista | María Barcala
- Cultura
A historia de Sakundeva: cando as mulleres se apoderan da violencia que se lles furta
A proliferación de noticias sobre as “manadas” de violadores levou a Teatro de Atlántico a retomar un texto ao que xa lle tiña botado o ollo: A conquista da escola de Madhubai, de Hélène Cixous. Unha peza inspirada na vida de Phoolan Devi, a “raíña dos bandidos”, unha bandoleira, xusticeira e política da India cuxa historia pode -ou non- axudarnos a revisar os nosos prexuízos coloniais.
Nove filmes do Panorama Audiovisual Galego de Cineuropa
Cineuropa presenta este ano no Panorama Audiovisual Galego tres longametraxes, A poeta analfabeta, de Sonia Méndez; Ons, de Alfonso Zarauza e Nación, de Margarita Ledo. Na sección de curtas galegas proxectáronse, así mesmo, Onde estamos nós. A outra ollada do cinema, de Lara Alonso, ou Curta nº 4, de Marcos Nine.