- Entrevista | Chicharrón
- Cultura
“Todos os discos de Chicharrón falan de amor, que a nós parécenos un tema político, revolucionario”
Chicharrón vén de publicar Unha fogueira intacta, o seu novo álbum, que volve ser, tras a volta da escuridade, esperanza. Confianza no que pode vir. Nos afectos. No colectivo. Malia as perdas, os retrocesos. Xunto cun son máis experimental e electrónico, quizais, ca nunca
- Entrevista | Diego Anido
- Cultura
“Ao mellor o único que trato de reivindicar co meu traballo é a retranca como xénero artístico”
Os iogures levan a data da súa morte tatuada na pel. Que cruel condena. Que horrible destino. Deste feito parte El alemán, a peza que Diego Anido recuperou para os escenarios, tras unha proposta de Teatro Ensalle, máis de dez anos despois.
- Entrevista | Manuel Pedrosa
- Cultura
"A cultura do lecer inmediato non debera impoñerse a outras formas de relacionarse co medio"
Cinco anos de rodaxe no Macizo Central, gravando lobos salvaxes, deron para artellar o documental Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa. Un traballo que analiza a convivencia entre este animal e o que queda do pastoreo tradicional a través das voces dos pastores e de biólogos expertos para propoñer, tamén, unha reflexión sobre o futuro do monte. A película proxéctase na MICE do Museo do Pobo Galego
- Entrevista | Margarita Ledo
- Cultura
"Sentímonos orgullosas da recuperación da fala, do dereito a contarnos nós propias"
Unha nación de mulleres traballadoras que aprenden, desde moi novas e xuntas, a loitar polos seus dereitos. Na louza, no téxtil, na conserva. Obreiras que, coma as represaliadas durante o franquismo polas súas ideas e por seren mulleres, nos ensinaron a atravesar a cerca. Son as protagonistas de Nación, o último filme de Margarita Ledo, que vén de chegar aos cines
- Entrevista | Illa Bufarda
- Cultura
“Nós, como pobo, contámonos moi pouco. Temos que contarnos máis. E escoitar máis tamén”
No mesmo tempo do volframio que se vendía aos nazis, producíase en Galicia outro tipo de ouro negro, pero vexetal: o dentón ou caruncho. Un fungo parásito do centeo que se utilizaba como antihemorráxico nos partos, como abortivo e como alucinóxeno. Illa Bufarda -Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva- rescatan do esquecemento a súa historia no documental Negro Púrpura, que terá a súa preestrea na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego.
- Entrevista | Marcos Ptt Carballido
- Cultura
"Se certas pasaxes da Biblia fosen escritas hoxe, os avogados cristiáns irían polas autoras"
Producións Teatrais Excéntricas partiu das Cantigas de Santa María para montar o seu último espectáculo, Estrela do Día, unha comedia dirixida por Marcos Ptt Carballido, con texto de Quico Cadaval na que Patricia Vázquez e Rocío González únense a Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira no elenco.
- Entrevista | Daniel Salgado
- Cultura
“Ás veces é a historia a que parece que non cambia e a natureza a que se transforma”
O último libro de Daniel Salgado, Os paxaros e outros poemas, está atravesado por tensións non resoltas entre a historia e a natureza ou a política emancipadora e o capital
- Entrevista | Agustín Agra
- Cultura
"Silencio' é unha protesta contra todo tipo de imposturas e de imposicións, de dogmatismos”
Newton, Copérnico, Mendel ou Darwin son algúns dos protagonistas dos relatos da nova obra de Agustín Agra. Oito historias contra o exceso de ruído e a prol do coñecemento.
- Entrevista | Alba Cid
- Cultura
“En máis dun caso, a poesía galega contemporánea foi quen de adiantar exploracións temáticas ou abrir liñas de fuga”
Atlas é un mapa poético co que Alba Cid percorre os cinco continentes, máis un polo, e co que gañou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández do Ministerio de Cultura
- Entrevista | Antón Riveiro Coello
- Cultura
“Baixo as bombas, amais da violencia, agroma a humanidade de moita xente comprometida”
Antón Riveiro Coello avanza un chanzo máis en ‘O paraíso dos inocentes’, Premio Torrente Ballester, na súa reflexión, a través da guerra ou da crise migratoria, sobre a procura da liberdade, a solidariedade e a esperanza no ser humano
- Entrevista | Nazaret López
- Cultura
“Sempre é tempo de volver a ser unha mesma e afrontar as verdadeiras querenzas”
Formigas nos pés, de Nazaret López, é a historia dun proceso de recuperación tras unha ruptura, a volta á individualidade plena tras un enganche tóxico
- Entrevista | Roberto Varela
- Cultura
"Os ataques que recibín sendo conselleiro doéronme moito; sentinme só e incomprendido. Non entendía nada"
O ex-conselleiro de Cultura Roberto Varela amosa a súa intuición para a fotografía no libro O tempo que vivimos, (Chan da Pólvora), unha proposta de percorrido pola súa travesía vital, sen ser unha autobiografía. Falamos con el desta obra e do seu pasado no Goberno galego