- Entrevista | María Barcala
- Cultura
A historia de Sakundeva: cando as mulleres se apoderan da violencia que se lles furta
A proliferación de noticias sobre as “manadas” de violadores levou a Teatro de Atlántico a retomar un texto ao que xa lle tiña botado o ollo: A conquista da escola de Madhubai, de Hélène Cixous. Unha peza inspirada na vida de Phoolan Devi, a “raíña dos bandidos”, unha bandoleira, xusticeira e política da India cuxa historia pode -ou non- axudarnos a revisar os nosos prexuízos coloniais.
Nove filmes do Panorama Audiovisual Galego de Cineuropa
Cineuropa presenta este ano no Panorama Audiovisual Galego tres longametraxes, A poeta analfabeta, de Sonia Méndez; Ons, de Alfonso Zarauza e Nación, de Margarita Ledo. Na sección de curtas galegas proxectáronse, así mesmo, Onde estamos nós. A outra ollada do cinema, de Lara Alonso, ou Curta nº 4, de Marcos Nine.
- Reportaxe
- Cultura
O teatro resiste con “impotencia”, “incertidume” e “desprotexido” a xestión da crise do coronavirus
O sector lamenta que os cancelamentos non parecen responder a un criterio obxectivo ligado á evolución da epidemia en cada concello, senón á vontade do goberno local
- Entrevista | Cinema Sticado
- Cultura
“O pobo adula a oligarquía, que emprega o medo e o engano para calar as voces discordantes”
Cinema Sticado veñen de presentar no Salón Teatro, en Santiago, as tres montaxes que crearon ata agora. A compañía viguesa fai cine ao vivo –ou teatro multimedia- cunha tecnoloxía deseñada por eles mesmos. Para contar historias que beben moito do cinema ou da novela negra, ou da banda deseñada. Falamos con Helena Varela e Xosel Díez.
Diversidade, risco e experimentación: o foco galego do festival Intersección
O Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo Intersección dedicou este ano un foco especial ao traballo de DSK: Belén Montero e Juan Lesta, ademais de proxectar na súa sección de Galicia varias curtametraxes e unha longametraxe feitas por galegos. Repasamos estas pezas a partir de entrevistas cos seus directores e directoras.
- Entrevista | Carlos Álvarez-Ossorio
- Cultura
“Auschwitz segue existindo. Non deixa de ser unha metáfora sinistra da nosa sociedade”
A compañía Cámara Negra está a representar Se isto é un home, de Primo Levi, e Clausura do amor, de Pascal Rambert. Falamos co director de ambas, Carlos Álvarez-Ossorio.
- Reportaxe
- Cultura
Sarabela celebra os seus 40 anos con 'A lingua das bolboretas'
A compañía salienta o universo feminino na súa adaptación de Manuel Rivas e mantén o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) malia as restricións polo coronavirus
Curtocircuíto olla o traballo das novas xeracións de cineastas (e II)
A xuventude é unha das características que comparten boa parte dos directores e directoras cuxa obra está presente nas seccións Planeta GZ, Supernova e XX:novas_creadoras do festival Curtocircuito. Xunto con algunhas conexións temáticas, como a inquedanza pola perda, a degradación ambiental ou a desigualdade. Analizamos, en dúas partes, todos estes filmes a partir das súas confluencias temáticas. Velaquí a segunda
Curtocircuíto olla o traballo das novas xeracións de cineastas (I)
A xuventude é unha das características que comparten boa parte dos directores e directoras cuxa obra está presente nas seccións Planeta GZ, Supernova e XX:novas_creadoras do festival Curtocircuito. Xunto con algunhas conexións temáticas, como a inquedanza pola perda, a degradación ambiental ou a desigualdade. Analizamos, en dúas partes, todos estes filmes a partir das súas confluencias temáticas. Velaquí a primeira
Sinais: o (S8) volve reivindicar o cinema galego máis experimental
Hai uns fíos invisibles que unen o cinema de Adrián Canoura co de Lara e Noa Castro. O achegamento ás texturas, ao detalle mínimo, une tamén a Canoura coa creación de Aldara Pagán, que á súa vez toma como referente a Alberte Pagán. Area Erina conflúe con Alberte Pagán nos seus colaxes de doada lectura política, enfoque que pode verse tamén no traballo de Tono Mejuto de exploración da arquitectura urbana.
- Reportaxe
- Cultura
O cineasta como cartógrafo: os filmes da sección de cinema galego do Play-Doc
Os realizadores convertidos en cartógrafos, realizando un mapa do barrio das Flores da Coruña, do da Cruzada na Guarda ou do monte sen lindes ourensán. Ou feitos arqueólogos, ou virados en historiadores. Así se presenta o programa galego deste ano do Play-Doc.
Plataforma: o potencial da hibridación da performance con outras disciplinas artísticas
A primeira edición do festival Plataforma presentouse como un proxecto que, baixo o fío da performatividade, quería tender pontes entre as artes vivas e as artes visuais, a música, a arquitectura ou o deseño. E abofé que o conseguiu.