- Entrevista | María Canosa
- Cultura
“Pretendía amosar as pequenas pingas machistas da sociedade que, ás veces, custa discernir, é dicir, os micromachismos”
En ‘O lado do que dormes’ a protagonista aprende a ser máis reflexiva sobre a desigualdade estrutural na que sobrevive e a apoiarse nas súas iguais: outras mulleres. É a última novela para público adulto de María Canosa, autora máis coñecida polo seu traballo na Literatura Infantil e Xuvenil
- Entrevista | Puri Ameixide
- Cultura
"Estaba farta de personaxes masculinos fascinantes e perigosos aos que redimir e reformar por amor"
‘Claro de lúa’ (Xerais) é unha novela decimonónica, mais pensada desde o século XXI. Con feitura e personaxes clásicos. E co encanto do, simplemente, ben escrito. Cun transfundo social e político que axuda a cuestionar a visión hexemónica dalgún feito histórico. Falamos coa súa autora, Puri Ameixide.
- Entrevista | Xabier Paz
- Cultura
“Apenas coñecía catro tópicos sobre Galileo e, achegándome, fiquei absorbido pola súa peripecia vital e intelectual”
‘Galileo no espello da noite’ (Xerais) é o terceiro volume da triloxía de Xabier Paz que comezara con ‘Renacer’ e ‘Aníbal e a Pintora’. Falamos co autor deste libro e, en xeral, da súa narrativa.
- Entrevista | Pura Salceda
- Cultura
“Quixen apartarme da aldea idílica virxiliana. Pequenos mundos tamén poden ser grandes infernos”
Pura Salceda volve á literatura en galego tras bastante tempo, desde ‘A ollada de Astarté’, (Espiral Maior, 2007). E faino con ‘O paxaro de nácara’ (Galaxia), unha novela de intriga, de paixóns, cun transfundo social relacionado coa historia da emigración e un ollar etnográfico, mais non exento de crítica, sobre a rural galego
- Entrevista
- Cultura
“Os ‘non normais’, esa inmensa minoría, foron os que cambiaron o mundo”
Xeila, adolescente intelixente e esperta, comeza a comportarse de forma estraña, pasando da submisión á rebeldía contra os adultos. A súa afiada lingua devolve aos demais un espello de si mesmos que non quixeran ver. Disto vai ‘A casa xunto ao volcán’, (Galaxia), o novo libro de Xosé Ricardo Losada.
- Entrevista | Iván García Campos
- Cultura
"Todos os anos escríbense cousas brillantes, pero o sistema literario galego toma o luxo de non poñerlles o foco enriba"
Volve Iván García Campos, o autor de ‘O imposible de desatar’, coa novela ‘O viaxeiro perfecto’ (Galaxia). A historia dun home que o fai todo por última vez. Que viaxa, e non para evadirse, senón para reencontrarse coas persoas que quixo. E para ser, por fin, de todo, el mesmo. Acompáñao Marco, un home máis novo que coñece por casualidade. E que encarna o afecto, os coidados. Por pura empatía.
- Entrevista | Emma Pedreira
- Cultura
“Como escritora estou interesada nos grandes temas universais, pero non me representa como están contados polos homes”
As dúas últimas novelas de Emma Pedreira, ‘As fauces feroces’ (Baía) e ‘Os corpos invisibles’ (Xerais), falan de mulleres “que non se comportaron en canto ao esperado e aceptado socialmente e que loitaron para acadar a súa completitude e redebuxarse como individuas”
- Reportaxe
- Lecer
Os videojogos de uma perspetiva feminista: uma proposta
As mulheres que amavam os videojogos (Através), de Antia Seoane e Maite Sanmartin é um ensaio que reflete sobre este jeito da lecer sob uma perspectiva feminista não só criticando o preconceito patriarcal que domina o mercado, senão propondo alternativas e oferecendo conselhos para fazer melhores escolhas
- Reportaxe
- Cultura
Nacionalismo e anarquismo na Galiza: un vínculo “feble” pero vivo e “persistente” no tempo
A relación entre nacionalismo e anarquismo foi feble. Pero existiu e persistiu ao longo do tempo. Esta é unha das principais conclusións do ensaio ‘Nacionalismo e anarquismo na Galiza (1840-1940)’, (Positivas), de Dionisio Pereira e Eliseo Fernández.
- Entrevista | Raúl Gómez Pato
- Cultura
“A arte, en xeral, cumpre a mesma función ca a relixión, trata de salvarnos de nós mesmos, da nosa descomposición coma seres”
Raúl Gómez Pato publicou hai uns meses ‘Sal, auga, vinagre’, un poemario no que volven estar presentes a angustia da morte e do paso do tempo, a ruína progresiva do corpo ou as relacións coa contorna física e humana.
- Entrevista | Oriana Méndez
- Cultura
“Escribo sobre a subalternidade porque é o único que me interesa no mundo”
Hai un fío que une ‘O corazón pronúnciase extenso’, o último poemario de Oriana Méndez, cos seus libros anteriores. A autora revóltase unha vez máis contra a opresión, a violencia, o espolio.
- Entrevista | Alicia Fernández
- Cultura
“Sorpréndeme que, malia a súa violencia intrínseca, a familia é a institución máis resistente”
Alicia Fernández gañou o premio Fiz Vergara Vilariño con ‘Mamá Pelicano’, o seu segundo poemario en quince anos tras ‘Botar o mar polos ollos’