“O goberno galego non tivo políticas de lectura, non o considerou unha prioridade”
O mundo do libro vive unha fase de mudanzas estruturais que estimula os seus axentes á procura de novas estratexias de supervivencia nun tempo especialmente complexo. Para Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), é un problema de ausencia de vontade política de atender o sector.
“Quen tirou deste país foi a muller”
“Chegou o tempo de Eva, os tempos das Evas, das mulleres que gardan tesouros vivos na súa memoria, que amosan a sabedoría dun pobo en cada estrofa, que cantan á vida para darlle vida a un tempo que se foi e non vai volver”. Así presentan Leilía o seu novo disco, ConSentimento, homenaxe ás creadoras e transmisoras da nosa tradición musical. Mulleres fortes, activas. Mulleres galegas. Montse River fálanos deste traballo, que presentaron este venres en Compostela.
“Estamos chegando ao final dunha etapa de 30 anos de teatro”
“Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual”. Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán ‘Morris’.
"A lusofonía só ten sentido con Galiza”
De Luanda -a súa cidade natal-, a Lisboa ou Compostela, pasando polo Brasil ou Cuba, o primeiro álbum de Aline Frazão, Clave Bantu, realiza un percorrido polas sonoridades que a conformaron como artista. Aline participou no 2010 no Cantos na Maré e xa non deixou Galiza. Hoxe é unha máis do grupo de músicos da lusofonía que botaron raíces na nosa terra.
“As guerrilleiras eran mulleres cun compromiso político inequívoco”
“Os fascistas nunca nos poñerán no lugar que corresponde, sempre nos rebaixarán. As guerrilleiras eramos como todas as mulleres e nada tiñamos que ver coa imaxe que tiñan de nós. Sabiamos cal era a nosa loita. Eramos donas dos nosos actos e non tiñamos que darlle explicacións a ninguén". Fala así Consuelo Rodríguez López, ‘Chelo’, unha das protagonistas do ensaio de Aurora Marco ’Mulleres na guerrilla antifranquista galega’.
Afoutas e insubmisas. O compromiso antipatriarcal de Blanco e Queizán
Carmen Blanco e María Xosé Queizán afondan no seu compromiso antipatriarcal nos seus últimos libros