Montse Dopico

Montse Dopico

Xornalista cultural e docente. Foi redactora nos xornais Galicia Hoxe, El Progreso e La Voz de Galicia e colaboradora de El Cultural, El Mundo, El País, Faro de Vigo e Público. Na actualidade colabora en Praza Pública.

  • Paz-Andrade ensaísta: os soños dun ilustrado

    En obras como Galicia como tarea (“o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista”, segundo Ferrín) ou La marginación de Galiciao autor realiza unha análise da situación económica de Galicia e un programa sistemático de industrialización. O propio Beiras asegurou que “o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país”

     

  • O canto épico de Paz-Andrade aos galegos como pobo nómade

    Luís Seoane e Valentín Paz-Andrade compartían unha mesma arela de afrontar o tema da emigración desde unha perspectiva épica. Seoane escolleu cantar á loita dos heroes con nome e apelidos. E Paz-Andrade optou polos seres anónimos esquecidos, por un protagonista colectivo que é un pobo cuxa identidade se forxou, en boa medida, na súa historia nómade.

  • A mensaxe disidente de Zeca reavívase en Compostela 40 anos despois

    Case un milleiro de persoas encheron este xoves o Auditorio de Galicia nun emocionante concerto que lembrou a José Afonso e actualizou os seus temas. Coma o propio Zeca dixo hai anos homenaxe que lle ofreceran en Braga: “Importa manter a capacidade de indignación, e sermos capaces de rexeitar a hipocrisía dos detentores do poder”

  • “Se renunciamos a unha cultura propia forte, outros virán ocupar ese espazo”

    Carla e Bruno son parella desde hai anos. Quérense, pero aparece un terceiro, Rai, que fará que muden as regras na súa relación. Este é o cerne de O sexo dos anxos, a nova película de Xavier Villaverde, que acaba de estrearse. Leva o selo de Continental, Dream Team Concept e CCFBR, coa participación de Televisión de Galicia, e compite nas salas comerciais con grandes producións americanas. Pancho Casal non deixa de animar no twitter a ir vela, pois é básico, comenta, para que se manteña en carteleira. Falamos co seu director, e autor da idea orixinal, Xavier Villaverde.

  • “A sororidade é unha arma de empoderamento que só pode facernos máis libres"

    Morgana irmá, amiga, amante. Muller libre que escolle o afecto como patria. Ser loitador que non está disposto a renderse, nin a renunciar a saber. Así é a protagonista de Morgana en Esmelle, a nova novela de Begoña Caamaño. A escritora e xornalista realiza con esta obra a súa achega á revisión galega da materia de Bretaña. Pero, alén do ronsel de Cunqueiro, opta pola relectura dos mitos en clave feminista como o fixeron Xohana Torres ou María Xosé Queizán. Para propoñer unha reflexión sobre a sociedade que queremos, sobre o poder que devén tiranía se non ten límites, se non se asumen as consecuencias dos actos de cada quen. 

  • “O traballo das asociacións culturais na emancipación de Galicia merece ser recoñecido"

    O Galo foi o primeiro, pero houbo moitos máis. Nas últimas décadas do franquismo desenvolveuse un moi activo asociacionismo cultural en Galicia, que o Consello da Cultura e a Fundación 10 de Marzo analizan na exposición Un canto e unha luz na noite. O Museo do Pobo Galego acolle esta mostra, comisariada por Ricardo Gurriarán, ata o vindeiro 13 de maio. O nacionalismo, reconstruído na clandestinidade atopou nas asociacións culturais galeguistas o osíxeno que necesitaba.

  • Pequenos proxectos colectivos sentan alicerces para a mudanza de modelo na arte contemporánea galega

    Alén do contexto de crise, o que está a ocorrer no mundo da arte é que experimenta, nos últimos anos, unha fonda transformación. Deste xeito, o sistema anterior queda obsoleto, mentres o novo está aínda por construír. É o profesor da Universidade da Santiago Antonio Garrido quen achega esta reflexión, que pode servir para encadrar o debate xerado no Consello da Cultura nas xornadas sobre o estado da cuestión da Arte Contemporánea en Galicia. 

  • A arte chega ao furancho

    Arte no galpón. No antigo galiñeiro, transmutado en cubo branco que nace da terra. Nun remolque no medio da floresta. Arte pendurada das árbores, en diálogo co paso do tempo. Pouco glamour, mais moitas ideas. Moita vontade de facer cousas, de ofrecer aos artistas un espazo intermedio entre os grandes contedores institucionais e as galerías. Así pode definirse FAC Peregrina, o Furancho da Arte Contemporánea que acolle a parroquia compostelá da Peregrina.

  • “Pasín representaba a quinta cidade, operaria e artesá, socialmente marxinada”

    José Pasín foi un dos principais piares do obreirismo compostelán de primeiros do século XX. No 1916 presidiu a Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, foi o primeiro concelleiro obreiro da cidade, en 1909, e entre 1931 e 1934, tenente de alcalde. Dionisio Pereira reivindica a súa figura no libro José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela