“Andaina navega, desde o principio, a contracorrente, mesmo no seo do propio feminismo”
A evolución do feminismo en Galicia non se podería entender sen Andaina, que celebrou este 11 de xaneiro os seus trinta anos de vida coa presentación do seu último número
“A nosa tradición é máis erótica que fúnebre, aínda que ás veces pareza que o país anda un pouco zombi”
Manuel Rivas leva anos á procura da palabra das persoas que, malia situárense nunha posición excéntrica respecto do poder, son quen de re-existir, de tecer estratexias para artellar unha segunda vida á marxe desas relacións de dominio. Todas elas foron convocadas en As voces baixas, a súa última novela.
"Non hai negociación entre gandeiros e empresas. Só imposición dunhas condicións humillantes"
O actual proceso de reforma da Política Agraria Común (PAC) está causando unha enorme incertidume no sector agrario galego.
“Queren que deixemos de ser cidadáns para volver ser vasalos”
O último libro de Marcos Calveiro, Palabras de auga, (Xerais), non é só unha viaxe cara ao corazón africano e o relato da aventura iniciática dun neno cara á madurez. É unha metáfora da loita das culturas minorizadas por sobrevivir e unha reflexión sobre o esmorecemento do mundo rural.
“O mito do matriarcado galego é totalmente falso”
Ata hai relativamente pouco tempo abundaron as descricións de Galicia como unha sorte de reserva matriarcal do Estado español.
“As axudas ao talento fan que haxa voces propias, e non só produtos prefabricados”
Algúns dos autores que conseguiron dar a coñecer os seus primeiros traballos cinematográficos grazas a estes apoios falan para Praza da necesidade de mantelos
Furar na trastenda social: a novela negra como metáfora da desintegración
Montse Dopico dialoga con Ramón Caride, Manuel Forcadela, Laura Caveiro, Carlos Reigosa, Miguel Anxo Fernández, Armando Requeixo ou Diego Ameixeiras sobre a novela negra galega
“A democracia, neste momento, está nas rúas”
Hai libros que nunca perden actualidade malia contar varias décadas nos andeis. E O país adormentado de Xabier P. Docampo é un deles. Un alegato contra o medo que paraliza a sociedade. A obra foi reeditada este ano por Xerais, antes de tirar do prelo a nova novela do autor. Docampo revisa nesta entrevista parte da súa obra e algo máis. Como o lugar dos libros nun momento de regresión dos dereitos máis esenciais dos cidadáns.
Espello Cóncavo repara a “inxustiza histórica” da exclusión de ‘Azos de esguello’ do CDG
A obra de Euloxio Ruibal, que en 1989 gañou o premio Cunqueiro, representarase 23 anos despois. Para Ruibal, o daquela director do CDG, Manuel Guede, "decatouse de que Azos de esguello ía molestar a Consellería e a Xunta. E por iso non quixo que a obra se representase"
“‘Longa noite de pedra’ non encaixou con parte do establishment galego da época”
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro non é unha biografía máis. O libro de Ramón Nicolás foi agardado como a gran obra sobre a vida e a obra do autor de Longa noite de pedra. Documenta, amplía e sistematiza o que xa se sabía, e tamén bota luz sobre aspectos máis descoñecidos, como a etapa de militancia política de Celso Emilio anterior á guerra civil.
“Se hai que tomar partido, que sexa fóra da ficción”
Algo mudou no xeito de escribir de Samuel Solleiro desde dz ou o libro do esperma. A súa nova obra, Gran tiburón branco, (Xerais), mantén a mesma ollada ao complicados, e ata patéticos, que podemos chegar a ser os seres humanos. Coa mesma frescura, a mesma retranca que o caracteriza, pero cunha perspectiva -di el mesmo- máis libre da dependencia do intento de facer unha crítica social explícita. Cinco relatos que son iso, cinco ficcións. Personaxes, ambiente e historia, e un estilo que se adapta a cada circunstancia. El mesmo o conta nesta entrevista.
“Nestes momentos o principal reto é conseguir manter o MARCO aberto”
Se Xunta e Ministerio non pagan as súas débedas, o centro atopará grandes dificultades para continuar. De momento, o MARCO segue coa súa actividade, e a partir de novembro celebrará ademais os seus 10 anos de traxectoria, desde aquel acto de inauguración do 13 de novembro de 2002 que coincidou, ademais, coa data do afundimento do Prestige.