“Nos 70 había polo menos conciencia de que había que loitar. Agora a sociedade parece rendida”
Rosa Aneiros publica Ámote Leo A (Xerais). Leo é unha muller na procura da liberdade, como tantas outras das personaxes da autora, coa que falamos nesta entrevista.
“O esganamento do sector cultural é unha vendetta, oriéntase a ir eliminando un vello adversario político”
Tomar partido. Interiorizar a violencia que sufriu a xeración máis empobrecida da posguerra e reaccionar ante ela. Ese é o cerne de transmuta (Xerais), o poemario co que Xabier Cordal gañou o Premio da Crítica 2013.
“A historia nacional é unha fe que precisa de reliquias”
Miguel Anxo Murado presenta La invención del pasado, unha forma de cuestionar a visión da historia como verdade revelada e promover unha achega crítica e escéptica á mesma
“Xa non se falaba de clases e unha oligarquía tomou a democracia e fixo Europa á súa maneira”
Chévere é a primeira compañía galega que fai temporada no Centro Dramático Nacional en Madrid. Desde o día 30 de outubro representa a súa obra 'Eurozone', cuxo director, Xesús Ron, detalla nesta entrevista.
Álvarez Torneiro: "Temos que ter o valor de darnos un futuro”
Os ángulos da brasa (Faktoría K) é a primeira obra en galego que gaña o Premio Nacional de Poesía. Interpreta o galardón como un recoñecemento á lingua e á poesía galega. E non deixa, en toda a entrevista, de reivindicar a vida. O dereito a ter un futuro. Malia as derrotas e as mentiras.
"É coma se estivesen abaneando unha árbore e todos ficaramos calados mentres vemos caer os demais"
Pechadas a Galán e a Nasa, Teatro Ensalle é a única sala de artes escénicas contemporáneas que conseguiu resistir en Galicia. Facemos balance dos seus dez anos de historia con Pedro Fresneda
“Somos parte dunha colectividade oprimida que se desangra para xerar a riqueza dunha minoría xenocida”
Non é casualidade que o último disco de Ses se chame ‘Co xenio destrozado’. A cantante e compositora amósase, neste novo álbum, máis contundente. Revitalizada tras comprobar, en carne viva, que o que non nos destrúe nos fai máis fortes.
“Cando nunha sociedade hai machismo, haino nos homes e nas mulleres”
Manuel Portas volve, na súa nova novela, contarnos a historia desde abaixo, como fixera en Denso recendo a salgado e en Un dedo manchado de tinta. En Faneca Brava as claras protagonistas son mulleres, marcadas por un tipo de represión e de violencia da que non se fala moito cando se lembra a ditadura: a sexual.
“Como autor, non me gusta a cultura da queixa”
O novo libro de Manuel Veiga é unha novela de xornalistas. Dun tipo de xornalismo que naceu coa Transición, coas esperanzas postas no futuro e nunha transformación real da realidade. Mais tamén é a crónica dun desencanto. Chámase Os xornalistas utópicos. E mestura a memoria do autor coa ficción.
“O colapso do sistema está moi perto e é a nosa capacidade de responder o que está en xogo”
Montse Dopico entrevista a Carlos Taibo, profesor, ensaísta e activista social, que nesta ocasión se introduce no tema da lingua con Galego, português, galego-português?. O 15M, a resposta social á crise sistémica ou o nacionalismo tamén entran nesta conversa.
“Agardabamos a modernidade, pero todo quedou no que a socialdemocracia europea quixo que quedase”
Se a anterior novela de Xabier Paz, Renacer, tiña moito que ver coa memoria, a nova, As vidas de Nito, afonda na mesma cuestión. As experiencias e as razóns dun vello que, neste caso, fracasou na súa vida afectiva mentres se entregaba a unha causa política.
“Só a soberanía nos permitiría solucionar os nosos problemas como país”
Unha galería de personaxes que poida resumir “as nosas capacidades, dilemas e posibilidades” como país. Así presenta Suso de Toro o contido de Inmateriais (Xerais), o seu novo libro. Trinta textos nos que presenta a crónica do que, ao seu ver, foi o “fracaso nacional galego”.